PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Portavoz de 'Queremos Galego'
Xurxo Souto: 'Os mozos han de protagonizar a defensa do galego'

M. Obelleiro O músico, comunicador e escritor Xurxo Souto (A Coruña, 1966) é tamén un dos portavoces da plataforma 'Queremos Galego'. Desde 'A Nosa Terra', o ex vocalista de Os Diplomáticos de Monte Alto volve facer un chamamento aos votantes do PP para que se unan á defensa do galego. 'A lingua debe ser causa común e debe estar presente en todos os partidos', apunta.

Reloxo 05.10.2009 | 07:00

Xurxo Souto Xurxo Souto. Paco Vilabarros

Por que decidiu adherirse á plataforma “Queremos Galego”?

Considero que todos debemos implicarnos en calquera iniciativa a favor da lingua. Persoalmente, síntome vinculado a calquera plataforma que apoie a lingua e estou disposto a colaborar noutras. Vivimos un momento de preguiza social no que respecta á defensa do idioma e por iso cómpre que a sociedade pase de actuar como espectadora a converterse en protagonista e que dea o seu paso a prol do galego.

Di que a sociedade se volveu preguiceira, a que se debeu?

Nos anos seguintes á ditadura, a xente tomou conciencia e deulle un pulo importante á lingua para que fose incorporada á vida pública. Conseguiuse levar o galego ao ensino e mesmo se crearon medios de comunicación na nosa lingua, pero pasados os anos, tras a inacción e desleixo das institucións, a sociedade adoptou un estado de preguiza que nos leva a este presente no que o galego está marxinado.

Como ve a política lingüística da Xunta?

O Goberno está a asumir toda unha serie de medidas contra a lingua en vez de promover políticas decididas a impulsar o seu uso. Consideran o galego un idioma de segunda. A isto hai que engadirlle que apareceron posicións predemocráticas –minoritarias, pero que falan con moito estrondo– que mesmo cuestionan o galego como lingua útil e que levan o seu uso a unha cuestión de clase. Vese o xeito de falar castelán como un sinal de aristocracia... afortunadamente, non estamos nunha aristocracia, senón nunha democracia.

Que cómpre facer ante esta situación?

Hai que recuperar ese pulso colectivo, romper a dinámica herdada e poñernos en funcionamento en defensa da lingua. Sobre todo, hai que atender a xente nova porque é o sector da sociedade que máis valora o galego e que á vez o que menos o fala. É necesario pedirlle á mocidade que rache coa herdanza dos maiores e co contexto de presión social. Non podemos resignarnos. Nomeadamente, a xente nova das grandes cidades, da Coruña e de Vigo, –que vive no mesmo contexto e que sofre os mesmos problemas– ten que asumir un compromiso a prol do idioma.

Ten apuntado que a defensa do galego non é unha cuestión partidaria...

Non é unha cuestión partidaria, pero si que é unha cuestión política. Desde aquí volvo facer un chamamento a todos os votantes do PP para que se adhiran á plataforma, para que se movan a favor da lingua. Un pode ser do PP, defender os principios políticos do partido, pero pode estar descontento coa política lingüística que desenvolve. A defensa do galego debe ser causa común e debe estar presente en todos os partidos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río