PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
BLOG HELENA DOMÍNGUEZ
Helena
Domínguez
Xornalista
Ai Dolors
Esta semana descúbrolles a Manel, un novo grupo musical de Barcelona.
 05.10.2009 | 07:14

A revolución festeira que supuxo Lamatumbá na música galega tamén sacudiu no seu momento a cidade de Barcelona. A banda ourensá mesmo chegou a abrir as festas da Mercé do 2006, cunha actuación na céntrica Plaça de Sant Jaume, na que centos de persoas brincaron ao ritmo de “Lume”, o seu exitoso traballo discográfico. (Naquela cita memorable estivo presente, por certo, o meu veciño de blog, o humorista Alberte Montes, que eu ben o vin cantar en coro “o miudiño”, cando tras o concerto o público se resistía a rematar a festa).

Fálolles agora de Lamatumbá porque o seu triunfo recórdame ao que está colleitando, no panorama musical catalán, o cuarteto barcelonés Manel, adorado polo público nos directos e considerado polos críticos o grupo revelación. Lembrarán, ademais, que un dos temas que máis soou de Lamatumbá  foi a canción “Ai Dolores”. Pois tamén Manel inclúe no seu primeiro CD un tema titulado “Ai Dolors”, que coincide co galego no sabor popular que desprende e no contexto da historia, a verbena. Pero mentres que a canción galega recolle o estoupido dun primeiro amor, a catalá reflecte a melancolía dun namoramento que esmorece.

De Manel gústanme as súas letras, que explican anécdotas cotiás, desas que lle poden ocorrer a calquera amigo de Barcelona, interpretadas cunha sinceridade que provoca unha empatía inmediata co grupo. Recoméndolles especialmente que escoiten “En la que el Bernat se’t troba”, a ver se coma min, alguén remata retrousando todo o día “El Bernat m’ha dit”.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río