Esther Rodríguez . Colectivos de defensa dos animais boicotearán a V Copa de España de Caza do Raposo, que terá lugar o domingo.
Masacre de raposos
A localidade lucense de Portomarín será escenario o domingo de tres loitas: as dos raposos pola súa vida, as dos participantes no “V Copa de España de Caza do Raposo” por abater pezas, e a dos colectivos sociais que activaron a “Operación Raposo” para combater as matanzas inxustificadas de animais.
Segundo informan dende Adega, xa son máis de 15 os colectivos de toda España que amosaron o seu apoio ao grupo “Matar por matar, non!”, que levará a cabo unha iniciativa de boicot contra o campionato. Xunto a outras iniciativas, os grupos asinaron un manifesto de rexeitamento a estas prácticas.
Resaltan a falta de rigor científico destas cacerías, porque “a escusa do exceso de raposos é falsa”. Así, malia a que os planes de aproveitamento cinexético de Tecores recollen que hai oito raposos por quilómetro cadrado, estudos recentes dan ratios de 0,5 a 1,8 raposos por quilómetro cadrado.
Críticas ao escurantismo da Xunta
Dende Adega criticaron a actitude adoptada pola Xunta, que consideran escurantista. Así, centran as súas queixas nos departamentos de Medio Ambiente e Cultura, no primeiro caso por “ocultar información á cidadanía” e no segundo por inhibirse no labor fiscalizador destes “eventos deportivos”.
Descargar Tarifas