PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Operación da Audiencia Nacional
Dous antigos GRAPO detidos na Coruña e Vigo

Redacción .  José Luis Fernández, detido en Vigo, está en cadeira de rodas tras recibir un disparo da Policía en 1980. Na Coruña foi detido Carlos Cela Seoane.

Reloxo 23.01.2008 | 14:10
TAGS: GRAPO ,

José Luis Fernández e Carlos Cela José Luis Fernández e Carlos Cela. Ministerio do Interior

Unha operación da Audiencia Nacional contra os GRAPO derivou na detención de cinco antigos compoñentes da organización en España, un deles en Vigo. Trátase de José Luis Fernández González, de 48 anos, e veciño do barrio de Sárdoma. Pertence á ONCE e impulsa unha asociación de apoio a presos do GRAPO e do PC(r).

A Garda Civil procedeu á súa detención pola mañá, e segundo as primeiras informacións, tamén está retida e incomunicada (non detida) a súa compañeira. As forzas de seguridade están a realizar inspeccións na vivenda do grapo, con críticas á operación polo seu contido só ideolóxico.

Fernández González, que xa cumpriu condena pola súa pertenza á banda, está en cadeira de rodas dende que recibira un disparo por parte da Policía no ano 1980, en Madrid.

Na operación, dirixida polos Servizos Centrais de Información da Garda Civil, tamén foron detidos dous antigos integrantes en Ortuella (Biscaia) e Álava.

Pola súa banda, a Garda Civil detivo tamén na Coruña a Carlos Cela Seoane, dentro da operación ordenada pola Audiencia Nacional contra persoas que no pasado mantiveron relación cos Grapo, segundo confirmaron fontes policiais.

Irmán dun histórico

O arrestado na Coruña no barrio das Conchiñas é irmán de José Francisco Cela Seoane, segundo as fontes consultadas. Este histórico dos GRAPO puxérase en folga de fame a finais de 1989 e tivera que ser ingresado en xaneiro de 1990 no Hospital Miguel Servet de Zaragoza.

Acusados de formar a "estrutura legal"

Aos detidos vencéllanos presuntamente con actividades de propaganda, financiamento, captación, proselitismo, formación, relacións internacionais e obtención de información, segundo os datos do Ministerio do Interior. Segundo a Garda Civil, as detencións son froito dos datos obtidos no análise da documentación intervida en Barcelona en xuño do 2007, "cando se desarticulou a estrutura clandestina do GRAPO e o seu único comando operativo".

Listado de detidos

Os detidos son:

Juan Manuel Olarieta Alberdi, en Madrid.

José Luis Fernández González, en Vigo.

Fernando Cantabrana Berrio, en Vitoria.

Fernando Rodríguez Blanco, en Biscaia.

Carlos Cela Seoane, na Coruña.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río