PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
Comisión xestora de 'Queremos Galego'
Fran Rei: 'Cómpre defender a lingua por riba de militancias'

Redacción .  A plataforma en defensa da lingua 'Queremos Galego' centra os seus esforzos en sumar apoios e en ampliar o máximo posíbel o número de entidades que a conforman nos días que preceden á manifestación a prol do idioma. O representante da comisión xestora da entidade, Fran Rei, chama a participar os galegos e galegas na marcha do próximo día 18 e lembra que 'mantemos as portas abertas en todo momento'.

Reloxo 01.10.2009 | 07:24

Fran Rei, á dereita, de Queremos Galego Fran Rei, á dereita, de Queremos Galego

“Queremos Galego” afánase ao longo destes días no proceso de ampliación territorial coa organización de asembleas abertas en 21 comarcas. Fran Rei, da comisión xestora da plataforma, explica que cómpre “ampliar apoios para conseguir o máximo número de entidades” e engade que o proceso de adhesións tanto individuais como colectivas será progresivo, “mantemos as portas abertas de Queremos Galego en todo momento”. A organización abriu o martes, 29 de setembro, na web www.queremosgalego.org, a posibilidade de sumarse á iniciativa en defensa do idioma.

“Gustaríanos que se materializasen apoios vinculados ao PP, que estas persoas saísen publicamente en defensa da lingua, porque se trata dunha batalla na que temos que estar todos por riba de militancias”, admite o representante da plataforma. Polo de agora, Rafael Cuíña –fillo do histórico dirixente do PP Xosé Cuíña– xa lle confirmou a A Nosa Terra Diario a súa asistencia á manifestación.

Manifestación do 18 de outubro

Nesta liña de traballo, Rei sinala que “Queremos Galego” xa se dirixiu oficialmente ao PSOE, UGT e CC OO, entre outros, para apoiar as accións da plataforma. “Amosáronse receptivos e positivos, sobre todo no que atinxe á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola garantía dos dereitos lingüísticos”, afirma.

De cara á manifestación convocada por “Queremos Galego” en defensa do idioma –que partirá das 12h00 da Alameda de Santiago–, a plataforma trata de sumar un amplo número de participantes. “A nivel comarcal existen contactos e aproximacións importantes”, apunta Rei, quen confirma a asistencia de representantes do PSOE a nivel local e comarcal.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río