PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
No período 1994-2006
CSIC e UVigo xeraron o 40% dos estudos en Ciencias Mariñas

Redacción .  Segundo un estudo realizado polo Instituto de Estudos Documentais en Ciencia e Tecnoloxía, o CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e a Universidade de Vigo (Uvigo) xeraron o 40% da produción científica de difusión internacional de Galiza en Ciencias Mariñas entre os anos 1994 e 2006.

Reloxo 30.09.2009 | 12:16

Laboratorio de Investigación Laboratorio de Investigación. Paco Vilabarros

O estudo, feito polo Instituto de Estudos Documentais en Ciencia e Tecnoloxía (IEDCYT, dependente do CSIC) analizou e fixo un seguimento da produción do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e a U-Vigo nese período de 12 anos.

As dúas institucións son promotoras da creación do Centro Atlántico de Investigacións Mariñas (Caim), situado en Vigo, que se perfila como a grande unidade de investigación de excelencia para integrar capacidades científicas máis competitivas de Galiza no ámbito da I+D mariña.

O documento cuantifica a produción científica de difusión internacional da facultade de Ciencias do Mar, identifica os seus grupos de excelencia e sitúa a Vigo como a cidade galega con maior produción científica.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río