M. O. . As diferentes iniciativas cidadás creadas nos últimos meses en defensa da lingua confirman o seu apoio de xeito individual á manifestación convocada por 'Queremos Galego' o vindeiro 18 de outubro en Compostela.
Os representantes das distintas entidades artelladas nos últimos tempos en defensa do galego como resposta á política lingüística que está a desenvolver o Goberno do PP confirman o seu apoio á manifestación convocada pola plataforma “Queremos Galego” para o 18 de outubro ás 12 horas na Alameda de Compostela. O colectivo explica que “o traballo que desenvolvemos é diferente ao das outras entidades, nós traballamos nunha caste de laboratorio de ideas para cambiar a mentalidade da sociedade. Trátase dun traballo de sensibilización a longo prazo”. Galego. Patrimonio da Humanidade Manuel Bragado, un dos impulsores do manifesto “Galego. Patrimonio da Humanidade”, que xa recadou máis de 2.000 adhesións, anima os galegos e galegas a asistir á marcha convocada por “Queremos Galego”. “Nós non nos movemos como grupo, creamos o manifesto, pero hoxe en día xurdiron novas iniciativas que hai que apoiar”, explica Bragado, que subliña a importancia de que cada vez “haxa máis plataformas cívicas de apoio á lingua” e de que “teñamos un espazo de encontro o máis amplo posíbel”. Nesta liña, o director de Xerais chama a sociedade “a apoiar a manifestación como calquera outra iniciativa a prol do galego”. ProLingua Á manifestación do próximo 18 de outubro tamén asistirán os promotores de “ProLigua”, “plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galiza (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real”. Malia que a entidade proclama no seu manifesto que “nunca se sumará como ProLingua a ningunha acción allea”, representantes do colectivo –que se constituirá o sábado 3 de outubro na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h30– promoven a asistencia á marcha de “Queremos Galego”. “Moitos de nós estamos en toda canta iniciativa xorde a favor da lingua”, explica un dos impulsores, que di estar facendo “campaña a favor da manifestación”.
Manifestación a prol da lingua.
Cambia Galicia
Desde “Cambia Galicia” –que non funciona a xeito de plataforma– sinalan que se manteñen en contacto “con outros colectivos, como ProLingua e Queremos Galego” e aseguran que “a nivel individual –nós non nos movemos como grupo– cómpre reforzar todo o que se faga en defensa do galego”, como a manifestación do próximo día 18.
Descargar Tarifas