PUBLICIDADE
Luns, 06 de setembro de 2010
O 14 de outubro en Compostela
Fuxan os Ventos presenta novo disco

Redacción .  Fuxan os Ventos presenta o 14 de outubro en Compostela 'Terra de Soños', un libro cd e un en dvd co espectáculo celebrado no Auditorio de Galicia que supuxo o regreso da banda tras case dúas décadas sen subirse aos escenarios.

Reloxo 29.09.2009 | 14:10

Fuxan os Ventos Fuxan os Ventos Arteria Noroeste acollerá a presentación de Terra de Soños, un libro cd e dvd no que a banda de música tradicional e folk fai un repaso polo seu repertorio acompañada de convidados de renome. Tanto o cd como o dvd recollen o espectáculo que a banda ofreceu no Auditorio de Galicia, en Compostela, no que se escenificaron a estreita vinculación que entre a canción popular galega e as novas formas de expresión do folk que caracterizan ao grupo.

Ademais de reunir a todos os membros de Fuxan os Ventos sobre o escenario tras case vinte anos do seu último concerto, Terra de Soños contou con convidados de luxo da altura de Xabier Díaz, Guadi Galego, Uxía, Mercedes Peón, Pepe Ferreirós, Rodrigo Romaní, a Nova Galega de Danza e cunha banda dirixida por Xosé Lois Romero, artífice tamén dos arranxos instrumentais para este proxecto.

Con oito discos editados e una traxectoria de máis de trinta anos comprometida coa identidade de Galiza, Fuxan os Ventos traspasou fronteiras e xeracións. Con este traballo ofrece unha visión renovada e actualizada do seu legado musical.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río