Europa Press . O portavoz do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), Renato Núñez, asegurou hoxe que unha nova sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) 'dá a razón' ao colectivo e 'avala a retirada provisional' das cámaras de videovixilancia de Santiago.
Cámara de videovixilancia.
Ademais, Núñez sinalou, en declaracións a Europa Press, que o órgano superior de xustiza galego "carga o custo" do xuízo ao Concello compostelán, polo que "segue tendo que retirar" os aparellos de gravación. "Sempre tiveron que retiralos", engadiu.
Por iso, o MpDC "segue esperando unha decisión final" por parte do consistorio da capital galega, indicou o seu portavoz, xa que o colectivo censura que as cámaras que vixían o casco histórico da cidade "atentan contra os dereitos das persoas".
Descargar Tarifas