PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
PAGOS EN NEGRO Á TRAMA DE CRESPO
Feixóo bota balóns fóra sobre o Gürtel galego

Manuel Vilas O Consello de Contas atopou graves irregularidades nos contratos a dedo da Xunta do PP a unha construtora imputada na trama en 2004. Porén, o líder conservador asegura que o PPdeG non ten nada que ver coas persoas investigadas 'dende hai 15 anos'.

Reloxo 28.09.2009 | 12:58

Pablo Crespo, en prisión pola trama Gürtel, nun mitin detrás de Fraga Pablo Crespo, en prisión pola trama Gürtel, nun mitin detrás de Fraga. Andrés Panaro / ANT

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

“O PPdeG non ten que dar ningunha explicación”. Así despachou esta mañá Alberto Núñez Feixóo as preguntas da prensa sobre a implicación da trama Gürtel en Galiza. Segundo un novo informe da Policía, as empresas de Francisco Correa e Pablo Crespo cobraron do PPdeG a metade dos gastos da campaña das municipais de 1999 en diñeiro negro.

Feixóo mantivo a Crespo como vogal de Portos de Galicia

O líder conservador argumenta que “dende hai 15 anos non hai ningunha relación do PPdeG coas persoas imputadas”. Algo que é falso, pois o número dous da trama, Pablo Crespo, foi vogal de Portos de Galicia até 2005. Un cargo que lle deu a Consellaría de Política Territorial de Xosé Cuíña e que mantivo cando o propio Feixóo asumiu esta consellaría.

Como desvelou A Nosa Terra, durante o tempo que Crespo foi vogal varias empresas hoxe imputadas no suposto financiamento ilegal do PP apañaron contratos de Portos.

Dúas delas son Constructora Hispánica, con 13 millóns en catro contratos; e Ferroser, propiedade do imputado construtor leonés José Luis Ulibarri, cun contrato de case un millón de euros.

Portos dálle un concurso a Hispánica sen explicar o motivo

O Consello de Contas atopou graves irregularidades en polo menos dúas desas adxudicacións a Constructora Hispánica en 2004. Os contábeis públicos denunciaron que Hispánica foi escollida por trámite de urxencia, sen ningún motivo razoado e sen que existise licenza de obra.  

Na súa memoria de 2004, o Consello de Contas tamén alertou que eran sempre as mesmas construtoras as que competían polos concursos e que en varias adxudicacións, como no caso da que se levou Hispánica, todas elas sacaban sorprendentemente a mesma puntuación.

Feixóo tenta desvincularse do pasado do PPdeG

Máis tenso do habitual en el, Feixóo tentou esta mañá nunha rolda de prensa desvincular a actual cúpula do PPdeG do escándalo. O presidente da Xunta presumiu que “nin esta nin a anterior directiva” tiveron nada que ver coa presunta corrupción.

Segundo a nova documentación achegada pola Unidade de Delitos Económicos e Fiscais (UDEF), o hoxe preso Álvaro Pérez 'El Bigotes' remitiulle unha carta -datada o 18 de decembro de 2003- ao xefe de filas do PP, Mariano Raxoi, para reclamarlle o pagamento desta débeda adquirida cando Pablo Crespo, número dous da trama, era secretario de organización do PP de Galiza.

Fraga di que  recibiu un regalo de Francisco Correa

A policía sostén que o PPdeG pagaba mediante unha 'caixa b' a metade dos gastos das súas campañas electorais a finais dos noventa.  Daquela lideraba o PPdeG Manuel Fraga, que confesou ter recibido un reloxo de regalo de Francisco Correa, que di devolveu.

O Tribunal Superior de Xusticia de Madrid investiga se, a cambio de lograr adxudicacións, firmas como Hispánica pagaban comisións ao PP a través das empresas de Pablo Crespo e Francisco Correa. Empresas que se encargaron das campañas populares en Galiza até a caída en desgraza de Xosé Cuíña.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río