PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Leonardo Iglesias, ‘convertedor’
‘As cousas non teñen por que morrer no lixo’

Eva Estévez Leonardo Iglesias vive de lles dar segundas oportunidades a múltiplos obxectos. Dirixe unha franquía de segunda man en Vigo, un rastro moderno, no que predominan sobre de todo aparellos electrónicos a prezos competitivos. O seu negocio está en auxe grazas á cultura de consumo e á falta de faiados nas casas.

Reloxo 26.09.2009 | 08:59

Leonardo Iglesias, ?convertedor? Leonardo Iglesias, ?convertedor?. Paco Vilabarros

Cal é a tradución literal de ‘converter’?

É o que transforma en cartos as cousas.

Que foi antes que convertedor?

Traballei como xefe de sección en grandes superficies.

Como chegou até aquí?

A través dun proceso de selección.

Que fai un convertedor? Maxia?

Non se trata de maxia, simplemente buscar unha alternativa para que a xente que queira desprenderse dun produto poida facelo.

A reutilización forma parte do lema do seu negocio?

A idea básica é que as cousas non teñen que morrer necesariamente no lixo.

A xente trae obxectos que non teñen posibilidades de venda?

Hai cousas que non se poden aproveitar porque xa non funcionan. Os puntos limpos e as chatarrarías están para iso.

Notan a costa de setembro?

Este é un negocio que traballa todo o ano. Recibe a xente que vende porque necesita cartos e xente que se desfai das cousas porque non as necesita. O que notamos duns anos para acá é un cambio de mentalidade. Antes a xente amoreaba as cousas e levábaas para o faiado. Agora a tendencia é desfacerse delas.

A crise aumentou a oferta?

Máis que a crise, o consumismo. Antes era difícil que entrase un ordenador portátil ou un televisor LCD nos andeis. Hoxe en día é moi frecuente.

Hai choios?

Sempre tentamos vender o produto na metade de prezo do que pode custar no mercado.

E historias?

Anécdotas había máis nos comezos, alá polo 97, cando abrimos. Daquela ten vido xente con animais disecados e obxectos que non mercabas pero que chamaban a atención.

Sente que lles fai un favor aos seus clientes?

Non o interpreto como un favor, é un negocio.

A xente ten reparo en acudir a este tipo de negocios?

A idea da segunda man está estendida non só no comercio físico senón a través de páxinas da internet.

Como fan as valoracións?

A base é o prezo de novo e sobre el calcúlase o prezo de segunda man.

E faise no momento?

Se podemos verificar o seu bo funcionamento si.

Hai un perfil de cliente?

Prima a heteroxeneidade.  

Podería dicirme que lle sobra á xente?

Sobre todo os aparellos electrónicos, por esa voráxine cultural de pasar dunha cámara de 7 megapíxels a outra de 12.

Que ten de gratificante este traballo?

A vantaxe é que non hai rutina e a tenda cambia totalmente dun día para outro. Para nós un produto que leve máis de tres ou seis meses na tenda ten que baixar de prezo para buscarlle saída.

Pode resistirse e non mercar entre tanto chope?

Ao final vacínaste de sentido común e acabas inmunizado.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río