Manuel Vilas . 'Espello no que se poida mirar unha Galiza moderna e universal'. Así describe a Televisión de Galicia o cambio de rumbo do que nace a súa decisión de deixar de emitir os Telettubies en galego.
Nova sintonía dos Teletubbies na TVG, en inglés subtitulado.
Dende o día 14 de setembro o programa infantil está en inglés. Iso si, os subtítulos están en galego. Algo que resulta sorprendente, pois os Telettubies están dirixidos a rapaces en etapa preescolar a partir dos 18 meses, segundo sinala a web da serie da BBC. É dicir, a TVG coloca subtítulos nun programa dirixido para cativos de dous ou tres anos, que non saben ler. Máis programas infantís en inglés ANT cuestionou á CRTVG polos motivos do cambio e polos posíbeis criterios psicopedagóxicos tidos en conta. Porén, o ente público remitiuse a unha nota de prensa na que presenta a nova campaña da TVG 2, a segunda canle da Televisión de Galicia que se pode ver pola TDT. Nela a Compañía argumenta que na nova temporada aposta pola “inclusión de espazos para nenos nos que teña acollida a terceira lingua na súa formación”. A CRTVG presume que “isto significa que algúns destes programas se exhibirán en versión orixinal subtitulada en galego, como é desde o día 14 a cita diaria dos coñecidos Teletubbies”. Esta actuación enmárcase nun cambio de rumbo da TVG 2. “O soporte pretende ser o espello no que se poida mirar unha Galiza moderna e universal”, di o Ente. Novos tempos que afectan os Telettubies e que tamén significarán emisións en versión orixinal noutras series para cativos, como Dawson Creek.
Ademais de programación infantil, o outro eixo da nova tempada da TVG 2 será a programación cultural, cun novo magazine que busca “recoller todas as manifestacións culturais e artísticas, desde a arte clásica ata a vangarda e os novos creadores”.
Estase a negociar a incorporación dun condutor de “recoñecido prestixio para este programa”. Porén, o ente asegura que “unha vez máis a limitación financeira impediu até o de agora pechar unha incorporación en firme”.
Descargar Tarifas