PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
ÚNICO MEDIO CUNHA AXUDA A DEDO
Presidencia subvenciona con 150.000 euros a La Voz

Redacción .  A Secretaría Xeral de Medios acaba de publicar os convenios que asinou no segundo cuadrimestre, o primeiro co PP no poder. Este departamento entregou 150.000 euros á Fundación Santiago Rey, parte do grupo de La Voz de Galicia, para a 'realización conxuntas de actividades formativas no sector audiovisual'.

Reloxo 23.09.2009 | 09:22

Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios da Xunta Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios da Xunta. APG

Cómpre lembrar que todos os departamentos e consellarías tiñan a obriga de remitirlle ao DOG os convenios do segundo cuadrimestre antes do día 20. Porén, unicamente Medios, a secretaría xeral de Emigración, CEEI e Augas de Galicia cumpriron coa Lei de Transparencia aprobada polo bipartito.

Ante este déficit, o deputado do BNG Henrique Viétez presentou varias interpelacións no Parlamento.

Dáse a circunstancia que La Voz de Galicia é até hoxe o único medio de comunicación beneficiado por estas axudas a dedo dende que os conservadores retomaron o poder. Ademais da axuda de Medios, a cabeceira coruñesa tamén apañou un convenio con Augas de Galicia, cuxa cantidade non foi publicada no DOG, incumprindo o marcado pola Lei de Transparencia.

Cómpre lembrar que o último informe do Consello de Contas alertou da enorme cantidade de cartos públicos que reciben os empresarios de medios de comunicación a través dos convenios, práctica que mantivo o bipartito. Os fiscais públicos descubriron que se entregaran 14 millóns por esta vía en 2004, o último ano completo da era de Manuel Fraga. O maior beneficiario foi o grupo de La Voz de Galicia, con 1,8 millóns.

A diferenza das axudas polo uso do galego publicadas no DOG, nos convenios non hai bases ou concurso público. Fican, polo tanto, a discreción de cada conselleiro ou mandatario.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río