PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
INCÚMPRESE A LEI DE TRANSPARENCIA
O BNG busca os convenios da Xunta cos medios

M. V A Lei de Transparencia obriga as consellarías e entes da Xunta a publicar no DOG os seus convenios de colaboración tres veces ao ano. Así, as administracións tiñan até o 20 de setembro para remitir os datos do segundo cuadrimestre, o primeiro co PP no poder. Porén, até hoxe o DOG non publicou as listas de ningunha consellaría. Só dous entes menores, Augas de Galicia e CEEI S.A., cumpriron.

Reloxo 22.09.2009 | 07:27

Henrique Viéitez, deputado do BNG, en rolda de prensa Henrique Viéitez, deputado do BNG, en rolda de prensa. AGN

Ante este déficit, o deputado Henrique Viéitez acaba de presentar dúas interpelacións, unha escrita e outra oral, no Parlamento. En particular, o parlamentar do BNG pregúntalle á Consellaría de Economía polos convenios cos medios de comunicación. Viétez esíxelle a Consellaría de Economía que detalle as cantidades e obxectivos de cada acordo.

O Consello de Contas atopou 14 millóns entregados a dedo en 2004

Cómpre lembrar que o último informe do Consello de Contas alertou da enorme cantidade de cartos públicos que reciben os empresarios de medios de comunicación a través dos convenios. Os fiscais públicos descubriron que se entregaran 14 millóns por esta vía en 2004, o último ano completo da era de Manuel Fraga. O maior beneficiario foi o grupo de La Voz de Galicia, con 1,8 millóns; tamén beneficiado do único convenio asinado por Augas de Galicia co novo Goberno, acordo do que non se publicou a cuantía.

A diferenza das axudas polo uso do galego publicadas no DOG, nos convenios non hai bases ou concurso público. Fican, polo tanto, a discreción de cada conselleiro ou mandatario. O Colexio e o Sindicato de Xornalistas teñen denunciado que esta práctica, que se mantivo durante o bipartito, serve para controlar a información.

O bipartito obrigou a publicar os convenios, pero a nova Administración non o fai

A mellora introducida polo bipartito foi a obriga de publicar os convenios de certo importe. Ademais de no DOG, a Lei de Transparencia estabelece que se deben colgar na web institucional. Así sucedía no portal da Vicepresidencia, que publicaba os convenios nunha base de datos pública.

Desaparecida a Vicepresidencia co novo Goberno, ningunha das consellarías que asumiron as súas competencias encargouse de manter en liña a base de datos. Os convenios das novas consellarías do PP están a día de hoxe vedados á opinión pública. Por exemplo, a web de Economía segue a publicar unicamente os asinados polo anterior Executivo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río