Redacción . Entre os 168 candidatos ao Premio Astrid Lindgren de literatura infantil e xuvenil atópanse Fina Casalderrey, Juan Farias e Agustín Fernández Paz, ambos os tres autores de Xerais.
Fina Casalderrey, Juan Farias e Agustín Fernández Paz veñen de ser nominados ao premio Astrid Lindgren, considerado un dos máis recoñecidos galardóns da literatura infantil e xuvenil mundial. O vindeiro 24 de marzo, coincidindo coa Feira do Libro de Boloña, o Goberno sueco dará a coñecer o nome do gañador entre os 168 candidatos –autores, ilustradores e promotores de lectura e institucións de promoción da LIX–. O premio concedeuse por primeira vez no 2003 e nas súas primeiras edicións acompáñase dunha dotación duns 540.000 euros. Trátase dunha homenaxe á escritora sueca Astrid Lindgren.
Agustín Fernández Paz
Descargar Tarifas