PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Presidente de Gas Natural
Salvador Gabarró: 'Imos coller o que poidamos do novo reparto eólico'

Redacción .  O presidente de Gas Natural, Salvador Gabarró, comprometeuse a incrementar a inversión da compañía en Galiza e tamén a produción de electricidade e amosou o seu desexo de 'coller o que poidamos' no reparto eólico que formula o PP.

Reloxo 19.09.2009 | 10:44

Alberte Núñez Feixóo e Salvador Gabarró no Consello de Administración de Gas Natural Alberte Núñez Feixóo e Salvador Gabarró no Consello de Administración de Gas Natural. AGN Gas Natural celebrou onte na Coruña, na sede da sociedade en Galiza, a primeira reunión do seu consello de administración tras a recente formalización da fusión con Unión Fenosa. No encontro, Gabarró cualificou de "interesantes" os proxectos en biomasa de Gas Natural en Galiza, mentres que asegurou que na nova distribución eólica deseñada pola Xunta intentarán "xogar" as súas "bazas".

"Imos intentar coller o que poidamos, xa o intentamos a primeira vez sen moita sorte", recordou, en alusión ao concurso convocado polo bipartito. Preguntado sobre o canon eólico, o presidente de Gas Natural asegurou que "ten sentido".

"Entendo que un país que contribúe a xerar unha enerxía que pode ir a calquera parte do Estado ten certo dereito a percibir unha remuneración", engadiu Gabarró, quen incidiu, non obstante, en buscar "o punto de equilibrio" en canto á contía.

Compromiso con Galiza

O presidente de Gas Natural salientou o "compromiso" da compañía con Galiza, tanto no negocio gasista e eléctrico como no ámbito institucional e cultural ao finalizar unha reunión que a compañía celebrou na Coruña.

"Somos conscientes de que somos os líderes enerxéticos en Galiza e todo líder ten que ter compromisos", indicou Gabarró, que durante o consello de administración lle explicou ao titular do Executivo galego, Alberte Núñez Feixóo, a aposta da compañía polos proxectos de xeración de enerxía a través das renovábeis (hidráulica, eólica e biomasa) coa finalidade de aumentar a produción de electricidade mediante enerxías autóctonas e diminuír a dependencia enerxética de Galiza.

O presidente de Gas Natural sinalou que centrarán os seus esforzos en mellorar a calidade dos servizos eléctricos e de gas en Galiza, "que xa son bos", matizou, e en acometer investimentos para impulsar a produción enerxética, de xeito "ecolóxico".

Ciclo combinado

Por outra banda, o presidente de Gas Natural non descartou o mantemento do ciclo combinado de Sabón, na Coruña. Ao respecto, insistiu en que a intención do grupo é "preservar ao máximo os investimentos en Galiza, que igual son todas,", puntualizou a preguntas dos xornalistas, aínda que admitiu que aínda non está nada "concretado".

Feixóo, optimista co incremento da produción
O titular do Executivo galego cualificou de "moi boa noticia" o compromiso relativo ao incremento da produción eléctrica "coas instalacións construídas en Galiza, a través dos caudais ecolóxicos e os bombeos nos encoros que ten Gas Natural-Unión Fenosa", apuntou.

Non obstante, advertiu que "Galiza espera moito", ao referirse tanto aos investimentos previstos pola compañía e que cifrou nuns 300 millóns de euros para os próximos anos, como á creación de postos de traballo, ao tempo que remarcou o compromiso de Gas Natural de non acometer "desinvestimento" no país.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río