PUBLICIDADE
Domingo, 14 de marzo de 2010
'Sol de Inverno' e 'Ás de bolboreta'
Chegan ás librarías as novelas de Rosa Aneiros premiadas por Xerais

Redacción .  'Sol de Inverno' e 'Ás de bolboreta', as dúas novelas de Rosa Aneiros premiadas este ano por Xerais, xa están nos andeis das librarías.

Reloxo 18.09.2009 | 13:21

Rosa Aneiros Rosa Aneiros. Xerais

Nestes días comezan a chegar aos andeis das librarías o Premio Xerais de Novela 2009, Sol de Inverno, e o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009, Ás de bolboreta, ambas as dúas asinadas pola escritora e colaboradora de A Nosa Terra Rosa Aneiros.

Sol de Inverno trátase dunha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que analiza o periplo vital dunha personaxe: Inverno, que relata a crueldade da guerra, as circunstancias da fuxida a Francia, o longo exilio cubano, a revolución castrista e mesmo a viaxe ao París do maio do 68.

O Premio Fundación Caixa Galicia 2009, Ás de bolboreta, presenta unha estrutura non xerarquizada, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela. Trátase dun relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río