PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
En bebés africanos
A prevención podería evitar 6 millóns de casos de malaria

Redacción .  Un terzo dos casos de malaria en bebés do continente africano podería previrse con doses periódicas de medicamentos contra a malaria incluso antes de que os nenos se infecten.

Reloxo 17.09.2009 | 10:51

Unha investigación sobre un tratamento preventivo intermitente de malaria en nenos –o IPTi polas súas siglas en inglés– determinou que esta práctica lles axudaba a ter mellores defensas ante a enfermidade e reducía o risco de que o parásito se volvera resistente aos medicamentos.

Os dous beneficios diminúen se o tratamento se da con continuidade como profiláctico, segundo a investigación publicada na revista médica 'The Lancet'.

Pedro Alonso, investigador da Universidade de Barcelona que dirixiu este estudo, usou datos de 8.000 nenos en Tanzania, Mozambique, Gabón e Ghana, dixo que a investigación mostrou que o IPTi, xunto coa medicina sulfadoxina-pyrimetamina (SP) podería salvar “decenas de miles de vidas cada anos en África”.

Alonso apuntou que, de expandirse o uso de IPTi con SP a outros países africanos, poderían previrse anualmente seis millóns de casos de malaria en aqueles nenos máis vulnerábeis á enfermidade.

“Os creadores de políticas internacionais e xefes de programas nacionais de control de malaria deberían considerar a inmediata adopción e integración deste sistema nos programas existentes”, declarou o investigador.

A malaria é un dos problemas de saúde pública máis urxentes do planeta. Causa a morte a preto dun millón de persoas ao ano. Dun estimado de 247 millóns de casos de malaria en 2006, o 86 por cento foron en África.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río