
Grupo de apoio a Alberte Montes como pregoeiro en Quiroga
E así despedimos o verán: botándolle man o paraugas, recuperando o pixama e sustituíndo a ensaladilla dos sábados por caldo de berzas. Agora tamén Os días vanse acurtando, co cal cada vez anoitece máis cedo. Feito este esgotador. Que moita xente di “Vaia merda, saír da casa para ir a traballar... e de noite! Saír de traballar para ir á casa ¡e de noite!”. Iso arránxoo eu non indo a traballar. Ademais a min a noite préstame máis, como dicía a canción de La Fuga: “Vivo más de noche que de día, bebo más de lo que debería y los domingos me suelo jurar... que cambiaré de vida”.
Efectivamente, porque se unha cousa fixen este verán foi enguar coma un tolo. Xa falaba a semana pasada da miña paixón polo viño, ademais da miña ilusión por ser pregoeiro da Feira do Viño de Quiroga, que por certo, xa está dispoñíbel o grupo en Facebook de apoio para levar a cabo esta misión. Podédesvos unir a “Alberte Montes pregoeiro na Feira do Viño de Quiroga 2010”. Xa hai máis de cen membros no grupo, así que que non vos dea vergonza.
Total! Que bebín de máis, este mes de agosto. Bebería... eu que sei... 300 cubatas! É que a eses prezos sabe mal non tomar outro roncola. Que pagas unha rolda a cinco colegas, achégaste a barra con dez aurelios, aí de pardillo... ¡e aínda che sobran tres! ¡Para tomar outro cacharro na churraría! Con dez euros en Barcelona non tes nin para churros (fíxate ti que ben enlazado).
Esta semana pasada, á parte de entrar unha fronte de frío e choiva de noroeste, ou sur oeste... ou... Tivo lugar tamén un feito, que algúns queren destacar como o inicio dunha treboada política. Trátase do “referendo” de Arenys de Munt. Arenys de Munt, localidade catalá que o domingo realizou unha consulta popular non vinculante (é dicir, que de pouco vale) sobre a independencia de Catalunya. Un 96% dos votos déronlle o “si” a independencia. Moitos criticaron duramente esta consulta, que representa unicamente un acto de reivindicación e sobre todo, reflexión social. Uns 60 municipios máis barallan a posibilidade de realizar unha consulta como a de Arenys. Entre isto e as declaracións de Laporta, os cataláns voltamos ao número un do ránking dos máis “benqueridos”.
E non quero deixar o post desta semana sen falar de Patrick Swayze. Antonte erguémonos coa nova do seu pasamento. Hai actores, películas, que as relacionas con momentos puntuais ou situacións concretas da vida. Para min, Patrick Swayze sempre estará vinculado ás eternas viaxes de bus, no Vibasa de Barcelona á Rúa de Petín (con parada en Alfajarín incluída). Dirty dancing, Ghost, son filmes que me acompañaron en VHS, nesas viaxes. Para sempre as coreografías do filme de baile e a romántica escena do floreiro de barro, que sensualidade, que sentimento... ¡como deixaron o chan!
Descargar Tarifas