Redacción . O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirmou despois da reunión do Consello Nacional que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, encabeza 'un ataque ao ensino público sen precedentes nos últimos anos' e indicou que a sociedade está a percibilo.
O número un do nacionalismo galego afirmou que o goberno do PP concibe "a sanidade ou o ensino como un negocio privado" e de ahí as súas actuacións "nun comezo de curso dos máis conflitivos en anos". O portavoz nacional achegou datos coma o incremento de 15 unidades no ensino concertado, mentres diminúen en 154 as unidades do ensino público, o peche de 23 escolas públicas ou a eliminación de 249 postos de traballo. "En catro anos, o goberno de Feixjóo vai destinar máis de 1.000 millóns de euros ao ensino concertado, mentres que no público faltan profesores de apoio e prazas nos comedores escolares, e eliminan a gratuidade dos libros de texto", aseverou Guillerme Vázquez. "Isto é ilegal porque incumpre a LOE e o decreto de admisión de alumnos, segundo o cal non se pode discriminar a ningún estudante por razón de raza, relixión, crenzas ou sexo, pero tampouco me extrañan este tipo de políticas ideolóxicas do PP, de dereita, que encaixan ben con algunhas manifestacións dos seus dirixentes, por exemplo, defendendo a figura de Millán Astray", afirmou o líder do BNG. Reacción da comunidade educativa Guillerme Vázquez insistiu na postura do nacionalismo galego contraria ás iniciativas do PP como a eliminación de gratuidade dos libros de texto, para os que agora só terán axuda o 25% dos alumnos e alumnas, "sen grande aforro dos recursos públicos". Pola contra, o PP gasta os cartos en "enquisas e publicidade intentando convencer á sociedade de aquilo que non é favorábel aos seus intereses", paraliza a construción de escolas infantís e "actúa sen diálogo de ningún tipo cos pais, cos profesores, de xeito autoritario". Neste sentido, considerou "normal que se subleven e non estean dispostos a pasar polo aro moitos responsábeis de centros públicos". Gasto social O portavoz nacional cualificou ao goberno do PP de "revisionista, xa que se dedica a revisar políticas de anteriores gobernos do PP, sen aportar nada e incapaz de contribuir con medidas a atenuar a crise económica e disposto a cercenar servizos públicos e diminuír o gasto social por moito que o señor Feixóo faga afirmación de fe do contrario". Nestes primeiros meses de vida, o BNG visualiza "unha máis que evidente perda de credibilidade deste goberno" por non dar nin unha soa resposta aos problemas da cidadanía e levar adiante unha política máis "orientada a dar resposta ás necesidades dos seus amigos". Apoio á manifestación do 18 de outubro O líder do Bloque ve ao goberno de Feijóo como un executivo "ineficaz, que vai dando dando tumbos, e substitúen esa ineficacia con campañas de propaganda para tentar convencer á sociedade de cuestións como as galiñas azuis ou a eliminación da gratuidade dos libros". Finalmente, o portavoz nacional destacou que o Consello Nacional acaba de nomear aos responsábeis das comisións sectoriais e de amosar o apoio do BNG á manifestación convocada pola plataforma "Queremos galego" para o vindeiro 18 de outubro en defensa da lingua.
Guillerme Vázquez no Consello Nacional do BNG.
O líder nacionalista criticou con dureza a decisión do goberno popular de subvencionar con 258 millóns (o 11% do total do orzamento de educación) os centros concertados e, en concreto, a liña de 3 millóns destinados a centros que segregan o alumnado por sexo.
O número un do nacionalismo galego amosou a preocupación do BNG por este tipo de actuacións que desvinculou por completo da situación de crise e situou dentro "dunha ideoloxía autoritaria e ineficaz". "O BNG vai dar, coma sempre, a batalla política contra estas medidas antisociais", continuou Guillerme Vázquez, "porque defender e mellorar o ensino público é a única garantía de igualdade para o acceso á educación que é un dereito humano fundamental. Ou existe un ensino público universal, ou moitos non terán posibilidade de ter unha educación".
Descargar Tarifas