PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
No Consello Nacional do BNG
Vázquez: 'Desbloquear Touriñán serve a intereses particulares'

Redacción .  O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acusou hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, de 'unha vez máis, resolver os problemas de alguén en concreto' que as dificultades dos galegos en xeral.

Reloxo 12.09.2009 | 15:36

Consello Nacional do BNG Consello Nacional do BNG. Jessica Barcala / AGN

Nunha conferencia de prensa posterior ao consello nacional do BNG, Vázquez afirmou que desbloquear cabo Touriñán para a implantación dunha planta acuícola supón "satisfacer os desexos" de Pescanova, cando se lle preguntou pola decisión do Goberno galego de desbloquear esa zona da Costa da Morte á vez que paralizou catro proxectos acuícolas que estaban previstos no plan do bipartito.

O líder nacionalista concluíu que estas políticas responden a "intereses particulares", e asegurou que esta decisión non está acompañada dunha "argumentación de especial calado". Sentenciou que, con ela, "benefícianse a uns e prexudícase a outros".

A maiores, o portavoz nacional da formación preguntouse onde está o respecto á Rede Natura na determinación do Consello da Xunta do xoves. "Parece que, unha vez máis, o PP resolve o problema de alguén en concreto", aseverou.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río