Redacción . Con este título, dezaseis alumnos e alumnas do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da USC en que colaborou o CGAC inician un proxecto de investigación urbana.
A exposición, que se abre ao público este venres 11 de setembro na Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago de Compostela, aposta por un arriscado carácter procesual: ao longo de dúas semanas incorporará progresivamente novos elementos á montaxe no espazo, concibido a un tempo como lugar de traballo e de exposición. Só o 30 de setembro, no momento final da clausura, a investigación completarase e será posíbel unha lectura conclusiva da mesma. En Topografías do invisible cobran protagonismo lugares da zona histórica de Santiago de Compostela relevantes en tanto que espazos vividos, espazos con historias únicas que bordean persistentemente a deterioración e a desaparición. A mostra completarase cun obradoiro didáctico pensado para nenos e nenas de entre 9 e 12 anos que se converterán en artistas participantes deste proceso expositivo. O taller, totalmente gratuíto, desenvolverase o sábado 19 de setembro ás 11h30. As inscrición poden realizarse no correo
Fundación Torrente Ballester
electrónico fgtb@fgtb.org ou no teléfono 981 552 304.
Descargar Tarifas