Redacción . As dúas cidades acollerán a maior exposición que se puido ver en Galiza do artista estadounidense. Este xoves 10 de setembro inaugurouse a sección que se pode visitar no Centro Social Caixanova de Pontevedra, e este venres 11 abrirase ao público a do Centro Social Caixanova de Ourense ás 20h00.
Entre as dúas xuntan 190 pezas dos primeiros anos de Man Ray en París (1921-1940), cando se achegou ás vangadas (o dadaísmo e o surrealismo en particular), e amais de fotógrafo foi creador de obxectos, pintor, cineasta, colaborador de distintas revistas e cronista da cidade. A exposición reúne tanto fotografías coma obxectos, debuxos, óleos ou ready-mades. Emmanuel Rudzitsky naceu en Filadelfia en 1890 e contactou con Duchamp e Picabia no Nova York de 1915. Foi o fotógrafo do glamour, que inmortalizou a Poiret, Chanel, Lanvin, Peggy Guggenheim, a vizcondesa de Noailles ou o seu amante Meret Oppenheim. Amais das fotografías de moda ou publicidade, de volta nos EUA nos 40 colaborou en varias producións cinematográficas de Hollywood. No 51 volve a París, onde morrería no 76. Ambas as dúas seccións da mostra permanecerán abertas ao público, con acceso libre e de balde, até o 25 de outubro, de luns a venres de 18h00 a 21h30 e os sábados, domingos e festivos, de 11h00 a 14h00 e de 18h00 a 21h30.
Unah das fotografías de Man Ray
Descargar Tarifas