M. B. . Como cada xoves, visitamos unha nova comarca. Nesta ocasión pescudamos no patrimonio natural e histórico desta demarcación enclavada aos pés do Courel e dos Ancares, na que os ríos e o Camiño de Santiago artellan os seus principais valores
O río Cabe, que suca a comarca de Sarria, é un dos nove enclaves galegos e dos poucos que aínda existen na Península, no que se pode ver Macromia splendens, un cabaliño do demo en perigo de extinción en toda Europa. A boa conservación das súas augas e do seu bosque de ribeira permitiron que no Cabe se asentase unha poboación estábel deste animal de complexo ritual de apareamento. O Incio Nos anos trinta topáronse nas veigas do Incio algúns dos vestixios catalogados máis antigos da comarca. Nas escavacións sacáronse a luz nas proximidades do asentamento de Aira un torques áureo de sección cuadrangular duns trinta centímetros de longo, un machete pulido, muíños de man e anacos de cerámica. Non foi o único asentamento anterior á chegada dos romanos que se estabeleceu no Incio. De feito, proliferan castros, petroglifos e monumentos funerarios por todo o concello que conviven coa pegada cultural e patrimonial que deixou o Camiño Francés a Santiago no Incio. A importancia desta vía de peregrinaxe, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco e que se fixou a partir do século IX, deu lugar á construción da Igrexa de Hospital, un conxunto formado por un templo románico do século XII, un hospital e unha fortificación para defender os peregrinos. No adro da igrexa érguese un castiñeiro de máis de 300 anos e seis metros de perímetro. Tamén se conservan os restos dun pequeno acueduto sobre o río Airela e se habilitaron diferentes rutas de sendeirismo que se achegan aos espazos naturais máis destacados da zona, entre eles as fervenzas do río Cabe, de máis de catro metros de altura todas elas. Láncara Non está clara a data de construción da que se dá en considerar como a referencia patrimonial do concello, a Ponte de Carracedo. Uns autores remontan o seu levantamento á época romana, asociado á vía de Lucus Augusti. Outros, pola contra, prefiren falar dunha orixe medieval. Do que non hai dúbida é de que a primeira referencia documental da ponte está no mapa de Tomás López, realizado para o bispo de Lugo en 1768. Na actualidade goza da protección que lle concede ter sido declarada ben de interese patrimonial. Ademais da ponte, Láncara conserva un destacado patrimonio natural asociado aos ríos, etnográfico e histórico-artístico, con numerosos castros, igrexas e pazos. Paradela A historia e a paisaxe artística de Paradela evolucionou intimamente vinculada á vida que durante máis de 10 séculos leva circulando polo Camiño a Santiago. Os seus territorios están documentados en vellos códices e relatos que describen o paso dos peregrinos. A importancia que adquiriu esta vía materializouse en toda unha serie de igrexas e mosteiros que se conservan na súa maioría. De todos eles destacan o Mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño, un conxunto declarado monumento nacional, formado por unha igrexa e unha casa reitoral anexa, e o tmplo románico de Santa María de Ferreiros, situado na parte máis chá de Mirallos, así como o Mosteiro de Santa María de Loio, fundado no século VIII, no que se di que naceu a Orde Militar dos Cabaleiros de Santiago a principios do século XII, mediante un pacto entre a irmandade dos frades de Cáceres co prior e cóengos regulares de San Agostiño, que vivían no mosteiro. Pero moito antes de que o cristianismo asentase nestas terras, outros pobos se valeron dos seus recursos, como demostra a aparición de numerosos castros. Nun deles, o de Barán, topouse unha fíbula do século V a.C. que agora se pode contemplar no Museo Provincial de Lugo. As primeiras referencias históricas do Páramo tópanse nos achados arqueolóxicos de San André da Ribeira, onde apareceron túmulos megalíticos, e nos castros de Friolfe e Moscan. As primeiras anotacións documentais sobre O Páramo cómpre buscalas nun texto de 569. As áreas de maior interese natural tópanse nos vales dos ríos e na serra do Páramo, onde se conservan algunhas masas de bosques autóctonos e parte do curso do Miño. Destaca tamén a carballeira do Campo da Feira, onde se conservan pendellos e postos tradicionais ao redor de árbores centenarias. Samos O Mosteiro de San Xiao tense convertido nun dos monumentos máis importantes de Samos. Fundado en tempos de San Martiño de Dumio, no século VI e ampliado en diferentes ocasións, é un dos mosteiros máis grandes de Galiza. Nel conviven os estilos románico, gótico, renacemento e barroco. Tamén é referencia a Capela do Ciprés, coñecida así pola árbore de preto de 500 anos que a acompaña, construída ao redor do século X. Malia todo, o principio da historia destas terras remóntase moitos séculos atrás. A manifestación máis antiga deses primeiros poboadores tópase nas covas de Santalla, nos castros de Loureiro nas medorras de Bustofrío e Trascastro. Habilitouse ademais unha ruta fluvial de tres quilómetros que discorre á beira do río Samos e que para pola aldea da Ferrería (O Incio), onde houbo unha fábrica artesanal de ferro, da que non se conservan restos. Sarria Da presenza dos romanos nestas terras queda constancia nos restos de vilas romanas en Vilar de Sarria, en San Antolín e na aparición das súas moedas nos castros de Seteventos, Vilapedre e A Margarida. Xa en época medieval construíronse templos, como a igrexa románica de Santiago de Barbadelo ou o mosteiro da Magdalena así como destacada obra civil, entre elas pontes e castelos. Neste sentido, a torre de Sarria é o único que se conserva da fortaleza construída no século XIII polos condes de Lemos. Foi derribada durante as revoltas irmandiñas e posteriormente reconstruída por Pedro Osorio. Aquí iníciase a penúltima das trece etapas nas que o Códice Calixtino divide o Camiño de Santiago dende os Pirineos. Dende antigo os peregrinos mantiñan o costume de coller unha pedra calcaria no lugar coñecido como Os Cotelos para transportala até Casteñeda, onde estaban os fornos destinados a preparar o cal para a construción da catedral de Santiago. Ademais deste tramo do camiño, están habilitadas diversas rutas de sendeirismo. Unha delas é a coñecida como a Ruta dos Castros, duns 16 quilómetros, que percorre algún dos exemplos da cultura castrexa máis destacados da zona.
.
1 / 4
O Páramo
Tamén se conservan exemplos de arquitectura civil e relixiosa, como as igrexas románicas de Grallás, Villamosteiro, Gondrame e Vileiris ou as casas señoriais que se esparexen por todo o concello.
Triacastela
A riqueza en minerais de ferro das serras do Incio foi, noutros tempos, a base dunha industria artesanal de forxas destinada a fabricar aparellos para o campo, ferramentas varias e lamias para as rodas dos carros.
A etapa de maior intensidade produciuse entre 1830 e 1850. O mineral calcinábase empregando carbón de madeira de carballo e castiñeiro dos montes da zona e reducíase con madeira de breixo. Numerosas explotacións mineiras como a Bouzallo de San Miguel, Couso, Tinta, Avión ou Cova das Choias subministraron mineral de ferro para os mazos que se instalaron nos ríos próximos. Deses tempos consérvanse os restos dalgunha mina e abundante toponimia.
Existe unha ruta lineal, sinalizada, que permite visitar algúns destes restos. O trazado parte da Ferrería do Incio e, ao longo de 12 quilómetros, pasa polo balneario, as fontes de augas férricas e as minas de Bouzallo, Couso e remata na Cova das Choias.
Descargar Tarifas