Redacción . A Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMPS) autorizou o primeiro ensaio clínico da vacina contra a gripe A que se fai facer no Estado e no que participarán 400 nenos de entre 6 meses e 17 anos de varias autonomías. A ministra de Sanidade e Política Social, Trinidad Jiménez anunciou o experimento despois de reunirse con ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, na Comisión Mixta de Coordinación do Instituto de Saúde Carlos III.
A vacina que se vai probar no Estado é a que desenvolveu GlaxoSmithKline (GSK) e todos os nenos que participarán “de forma voluntaria” neste estudo xa están recrutados, polo que podería iniciarse en próximas datas. Os menores estarán en seguimento durante seis meses para comprobar a eficacia e seguridade do medicamento aínda que, segundo explicou a ministra de Sanidade, “isto non quita que a vacina poida autorizarse antes”. Trinidad Jiménez comentou que a vacina vai probarse en nenos porque cada país vai a coller ensaios clínicos dun determinado grupo de idade e a “España lle pediron que o fixera con cativos”. A titular estatal de Sanidade asegurou que o ensaio é totalmente seguro xa que “si a Axencia Española do Medicamento o autoriza é porque ten todos os protocolos necesarios e todos os comités de vixilancia”. O Ministerio tamén confirmou que se cumprirán todos os aspectos éticos e legais requeridos para a investigación con seres humanos, incluído o consentimento informado de todas as persoas que participan nestes estudos.
A campaña de vacinación comezará o 16 de novembro
Descargar Tarifas