PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
BLOG ALBERTE MONTES
Alberte
Montes
Actor
Ou se cadra si... imos ver...
Pregoeiro non oficial
Ola de novo! En orde todo? Si? Pois alégrome. Non? Pois como sempre. Eu agora ando por Barcelona, aínda que nos últimos dias dei tantas voltas que non sei moi ben de onde é o chan que piso. Pero si, estou na cidade condal. Seino porque esta mañá saín á fonte a por auga sen camisola e co pantalón do Dépor e unha vella case se quixo escandalizar. Á parte a auga non sabe ao mesmo. Rematei o verán, si señores, que podería resumir en catro verbas: río, sesta, cubatas e bolos. Simultaneei actuacións monologuísticas coas clásicas vacacións de aldea. Unha das actuacións máis especiais tivo lugar no meu concello, nas Festas de Verán de Quiroga. Actuación na que aproveitei para proporme como futuro pregoeiro da Feira do Viño do lugar, que se celebra pola Semana Santa. Sabendo do atrevemento que iso supuña e do pouco caso que podían facerme, decidín en pleno agosto adicarlles aos veciños un primeiro pregón... a xeito de simulacro. Aquí o tedes...
 08.09.2009 | 13:12

Copas de viño Copas de viño

“Quiroguesas, quirogueses… Viva San Fermín!! Digo, Viva a Feira do Viño!! Perdón, é que xa bebín dúas botellas, para dar exemplo.

Penso veciños, sen resultar atrevido, que son o home indicado para pregoar esta feira. O viño forma dende hai anos parte importante da miña vida... Sobre todo mesturado con Coca-cola. Tamén o vinagre, que aliñou case todas as ensaladas que eu comín. Unha vez incluso, roubándolle viño a meu pai na bodega, equivoqueime de cubeta e mesturei vinagre co refresco de cola. O mellor calimocho que probei na miña vida. Incomprensibelmente deume furriqueira durante tres semanas... aliñaba as ensaladas a peidos.

Ademais son un grande entendido en viños, coñecendo centos, por non dicir unidades de tipos distintos: Branco, negro, Lambrusco, picado, Don Simón... Como sabedes tamén, estou dotado dun grande instrumento para captar os aromas do viño: Teño un nariz para fumar chovendo! E teño a honra de pertencer a esa xeración, a cal, de ben pequenos, nos xantares familiares, nos daban un vasiño de viño para ver que fai o neno. Así logo, podo asegurar que a miña primeira borracheira foi con purrela quiroguesa á tenra idade de tres anos.

Unha relación tan longa e estreita vese hoxe culminada con este pregón, imitando así outros galegos ilustres como Jaime Peñafiel, Lydia Lozano ou José Manuel Parada. Un privilexio para min unirme a esa lista de personalidades vencelladas tamén a Quiroga. E para rematar xa, que eu tamén quero ir a engodallarme, un consello: Se bebes non conduzas. Porque levar unha man no cubata e outra no volante só ten un nome... postureo! ¡Boa Feira do Viño!”

Quiroga 07/08/2009

Quedo agora á espera, para ver se as autoridades do Concello toman nota e me propoñen para o ano que vén. Se vos queredes unir nesta causa, entrade no grupo de Facebook de apoio a “Alberte, o pregoeiro” que aínda non existe, pero agora mesmo me poño a facelo...

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río