PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Presidente da RAG
Barreiro: 'Non foi a RAG, señor presidente, a que removeu as augas'

Redacción .  Xosé Ramón Barreiro aproveitou a entrega do premio 'Celanova, casa dos poetas', que este ano a Fundación Curros Enríquez lle concedeu á Real Academia Galega (RAG), para criticar a política lingüística da Xunta e acusar a Feixóo de sementar a 'crispación' en torno ao idioma.

Reloxo 07.09.2009 | 12:06
TAGS: RAG , Barreiro , Feixóo , lingua ,

Xosé Ramón Barreiro con Feixóo na entrega do premio Xosé Ramón Barreiro con Feixóo na entrega do premio. Xoán Crespo

O máximo representante da Real Academia Galega non quixo perder a oportunidade que lle brindou a entrega do XXV Premio 'Celanova, casa dos poetas' para censurar a política lingüística da Xunta. Nada máis recibir o galardón, declarou aproveitar “un dos poucos púlpitos que agora ten o presidente da RAG” para chamar a atención sobre a “crispación” que vive Galiza en torno ao idioma.

Xosé Ramón Barreiro asegurou que a institución “non pode gardar silencio, nin mirar para outra parte” mentres o Goberno galego “toma decisións e fai decretos que afectan ao futuro do galego de costas á propia RAG” que, segundo dixo, “é por norma, responsábel do coidado da lingua galega”.

Nun auditorio presidido por Alberte Núñez Feixóo, que estaba acompañado polo conselleiro de Educación, non dubidou en responsabilizar o presidente galego do “desasosego” que xera a cuestión lingüística, un asunto que “parecía asentado” nos últimos anos. “Non foi a RAG, señor presidente, a que removeu as augas”, espetou, e como “representante dunha institución que ten responsabilidades sobre o idioma” lembrou que “os poderes públicos non deben crear problemas” neste eido.

Ademais, Barreiro animou os presentes a “seguir sendo rebeldes para loitar pola liberdade, a democracia e unha cultura galega que sen a lingua aparece desmembrada”. Nesta liña, dirixiuse a políticos e intelectuais para subliñar a “súa obriga” de “transmitirlles ás novas xeracións a nosa cultura, sen minorizala nin rebaixala”.

Minutos despois, Feixóo valorou a existencia de "democracia, liberdade, linguas" para expresarse e pediulle a "institucións, academias e poetas" camiñar "xuntos". Do mesmo xeito, asegurou que a RAG “é o anticipo da Galiza que queriamos: plural e amigábel; punto de encontro de galegos espiritualmente libres, que soñaban cunha autonomía que sirva para que as mulleres e os homes se realizasen ao seu xeito, afastados de dogmatismos e sen maior modelo que eles mesmos".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río