En Galicia tamén seremos libres para equivocarnos: software libre ou software privativo nos ordenadores de mestres e alumnos?
Despois de quedar apampado coa escolla de “arranque dual” (software libre e privativo, os dous) do goberno socialista de Patxi López (en proceso, parece, de rectificación), gustaríame convencer o noso presidente da necesidade de escoller o software libre.
Gobernar implica facer escollas. Entre dous coches oficiais e un, Feixóo decidiu ter só un. Dous coches, todos sabemos de matemática básica, implicaría máis gasto, e estamos en crise, éche época de austeridade. Dous coches en lugar de un sería facer o ridículo fronte a cidadanía, para quedar ben cos de Audi e Citröen.
Entón, cal debería escoller Feixóo: software libre ou privativo?
Pero, concho, que fago eu escribindo metáforas sobre coches? No programa electoral do partido político no Goberno, o PP, Feixóo deixaba ben claro que o software libre era o camiño que seguir.
Polo tanto, en Galicia non nos imos trabucar, non imos pagar máis por menos. Nós temos claro que o mellor coche, o máis “ecolóxico”, o construído por persoas de toda raza e condición e posto libremente a disposición da humanidade para o seu progreso... é o coche do software libre, verdade?
Descargar Tarifas