PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Oito obras da súa colección
'Memoria suxerida': libro e arte da man no CGAC

Redacción .  O diálogo entre imaxe e narrativa nunha peza artística é o eixo temático desta exposición que permanecerá no Centro Galego de Arte Contemporánea até finais de setembro no espazo situado baixo a libraría.

Reloxo 19.08.2009 | 13:36
TAGS: CGAC , arte , exposicións ,

Unha das pezas de 'Memoria suxerida' Unha das pezas de 'Memoria suxerida'

Memoria suxerida achega unha breve escolma formada por oito obras dos fondos da colección do CGAC e artellada polo Servizo de Actividades e Proxectos Educativos do propio museo, e tamén unha selección de libros de artista editados polo CGAC, dende cadernos de viaxe até poemarios ou antoloxías de escritos. Esta escolla revisa a importancia do libro no percorrido artístico contemporáneo, tanto dende o punto de vista literario como estético.

Topamos así o "mural" de libros de Alicia Martín, que invita ao público a mergullarse nesta relación entre arte contemporánea e libro na que, de súpeto, xorden os anxos de Peter Wüttrich, as asociacións imposibles de Chema Madoz, o xogo de escalas de Tono Carbajo, os libros de artista de Dora García e Jonathan Hernández, os debuxos melancólicos de Marcel Van Eeden e as suxestións misteriosas de Pedro Cabrita Reis.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río