PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Comeza este xoves
Teresa Moure e Ánxeles Cuña, premios da X Mostra de Teatro de Palas

Redacción .  A escritora monfortina, gañadora do Rafael Dieste con 'Unha primavera para Aldara', leva o premio Careón, e a directora de Sarabela Teatro, o Mácara. A mostra terá lugar na localidade ulloá entre o 20 de agosto e o 6 de setembro.

Reloxo 17.08.2009 | 09:58

Teresa Moure recolle o XIII María Casares a mellor texto orixinal por 'Unha primavera para Aldara' Teresa Moure recolle o XIII María Casares a mellor texto orixinal por 'Unha primavera para Aldara'. L.R. Trátase dun dos festivais de teatro amador máis importantes de Galicia: o Teatro no Camiño de Santiago arrinca en Palas de Rei este xoves 20 de agosto, e continuará até o 6 de setembro. Entre as novidades do programa, é salientábel un curso de formación para actores e actrices afeccionados (do 24 ao 27 de agosto, entre 9.00 e 14.00). Co título "O corpo creativo", impartido polo profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Ricardo Solveira, rematará cunha representación a cargo das persoas participantes. O prezo é de 30 euros, e só hai 20 prazas. A inscrición pode facerse a través do número 670 523 688.

En canto ás propostas que subirán ás táboas, amais de oito compañías galegas, pasarán polos escenarios outras tres, chegadas de Valencia, Cuenca e Moscova. As representacións terán lugar de xoves a domingo, ás 21.00, na Casa da Cultura de Palas. A mostra está organizada por Metátese Teatro, un dos grupos afeccionados máis activos do país, con case 17 anos de traxectoria, e a Orde de donas e cabaleiros do priorato de Vilar de Donas.

Amais, o pasado xoves 13 xa se deron a coñeceros premios Mácara de teatro e Careón de literatura. O primeiro deles recae, na súa sétima edición en Ángeles Cuña Bóveda, directora da compañía ourensá Sarabela Teatro; mentres que o segundo, que se concede por terceira vez, foi a parar á escritora Teresa Moure, gañadora do Premio Rafael Dieste no 2007 por Unha primavera para Aldara, cuxa montaxe, a cargo de Teatro do Atlántico, arrasou na última edición dos premios María Casares.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río