PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Logo da sentenza do TSXG
O BNG insta a paralizar as plantas de Touriñán e Mougás

Redacción .  O portavoz do BNG en materia de Pesca e Marisqueo, Bieito Lobeira, pediu hoxe 'sensatez e sentido común' á hora de elaborar unha nova lexislación en materia acuícola.

Reloxo 15.08.2009 | 18:04

A Xunta autoriza en setembro a construción dunha piscifactoría en Touriñán e anula catro dos proxectos acuícolas aprobados polo bipartito A Xunta autoriza en setembro a construción dunha piscifactoría en Touriñán e anula catro dos proxectos acuícolas aprobados polo bipartito

Segundo unha información facilitada hoxe pola cadea SER, o TSXG ditou unha sentenza que anularía o Plano Acuícola de López Veiga por consideralo ilegal ao incumprir normativas medioambientais e a lexislación europea. Do mesmo xeito, segundo informa a emisora de radio privada, a sentenza considera ilegal o método seguido no ano 2006 para anular este Plano e aprobar así un novo Plano Acuícola.

En opinión de Lobeira, a decisión do TSXG sería "moi positiva porque introduce un criterio xurídico de sensatez e sentido común" e, ao mesmo tempo, esta decisión constituiría "unha oportunidade para partir de cero e elaborar unha lexislación co consenso das forzas políticas no Parlamento, as organizacións ecoloxistas e sindicais e os concellos implicados".

O portavoz nacionalista, insta a que se coiden aspectos coma "o emprazamento das plantas acuícolas" e lembra que dende o BNG sempre se mantivo un criterio moi crítico coa "desaforada aposta política do PP pola acuicultura con independencia dos seus custes sociais, medioambientais, etc". Nesta liña de actuación, os gobernos populares desenvolveron unha política que simultaneaba a implantación deste tipo de explotacións coa "subvención para o despece da frota", sempre coa oposición do BNG.

Paralización das plantas en marcha

O portavoz nacionalista de Pesca e Marisqueo considera que esta decisión do alto tribunal galego obrigaría ao goberno popular a "paralizar as dúas actuacións que ten actualmente en marcha no cabo Touriñán e en Mougás (Oia), onde existía unha orde de demolición que foi desatendida polo goberno que acaba de conceder o permiso para a ampliación desta planta".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río