PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Segundo o Consello de Contas
Portos contratou a dedo unha imputada no Gürtel

Manuel Vilas Os contábeis detallan dúas adxudicacións sen xustificar de Portos de Galicia a Constructora Hispánica, unha das implicadas no caso Gürtel, en 2004. Daquela era directivo de Portos o número dous da trama corrupta, Pablo Crespo, por nomeamento da Consellaría de Política Territorial de Feixóo.

Reloxo 01.09.2009 | 07:52

Carlos Negreira, presidente do PP da Coruña e deputado Carlos Negreira, presidente do PP da Coruña e deputado. AGN Esquerda   1 / 2  Dereita  

O Tribunal Superior de Justicia de Madrid ten imputado o presidente de Constructora Hispánica, Alfonso García-Pozuelo Asins, por “tráfico de influencias” na trama Gürtel. Hispánica está acusada de pagar 1,6 millóns de forma fraudulenta a Francisco Correa, líder do grupo xunto co ex-deputado galego Pablo Crespo Sabarís.

Crespo, que segue na cadea, foi vogal do Consello de Administración de Portos de Galicia até 2005. No tempo de Crespo como directivo, a construtora imputada polas comisións, Hispánica, levou 13 millóns en catro adxudicacións. Cando menos en dúas delas, o Consello de Contas atopou graves irregularidades.

“Ausencia de licenzas de obra”

Os contábeis públicos denunciaron “a utilización inxustificada do trámite de urxencia” e a “ausencia de licenzas de obra” na súa fiscalización de dous contratos a Hispánica en 2004.

É máis, Contas alertou que Hispánica gañou unha das adxudicacións unicamente gracias a que o xurado a escolleu sen explicar porqué. Foi nun concurso onde as catro candidatas sacaron exactamente a mesma puntuación.

Contrato a dedo e sen argumentar

Trátase do concurso de case un millón de euros para o peirao de Ribadeo. Sobre el os contábeis escribiron que “as catro empresas finalmente baremadas obteñen todas a mesma puntuación final do concurso son Copasa, Davila lago s.a., Oys, Noroeste e a UTE Bardera e Constructora Hispánica. A mesa de contratación propón a esta última (Hispánica) como adxudicataria por considerar a súa oferta como a máis vantaxosa no seu conxunto, sen precisar ningún outro criterio para tal apreciación”.

Máis puntuacións subxectivas que obxectivas

Contas vai incluso máis alá e denuncia que “as empresas que concorreron ás licitacións dos contratos de obras foron, en xeral, as mesmas en tódolos concursos”. Nas resolucións os contábeis atoparon “puntuacións (...) que aparecen máis como apreciacións subxectivas que como consecuencia directa da aplicación de elementos obxectivos”. Así figura na auditoría do ente fiscalizador da Xunta ás contas de Portos en 2004.

Outro imputado gañou unha adxudicación na etapa de Crespo

Hispánica non é a única empresa relacionada coa trama de suposto financiamento ilegal do PP que gañou contratos de Portos cando Crespo era vogal. Ferroser, firma participada por outro imputado, o construtor leonés José Luis Ulibarri, tamén conseguiu un contrato de case un millón de euros.

Antes estes datos, o BNG xa ten pedido explicacións a Alberto Núñez Feixóo e a Carlos Negreira.“O fedor xa non se pode esconder” acusou Carlos Aymerich, voceiro parlamentario, nunha rolda de prensa na que pediu explicacións sobre as imputadas que "obtiveron contratos da Xunta cando Feixóo era conselleiro de Política Territorial".

Negreira firmou adxudicacións irregulares a Hispánica

Feixóo, como Conselleiro de Política Territorial, mantivo até 2005 o nomeamento de Crespo, herdado de Xosé Cuíña, o gran valedor político do recluso. Negreira era o presidente de Portos. Polo tanto, o deputado e líder do PP da Coruña foi quen asinou as dúas adxudicacións a Hispánica nas que o Consello de Contas atopou as irregularidades.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río