Redacción . O Movemento polos Dereitos Civís oponse a que Paco Vázquez sexa Defensor do Pobo polo que considera unha 'longa traxectoria contra o dereito, dificilmente compatíbel coa defensa dos intereses de todos os cidadáns'.
Francisco Vázquez, embaixador de España no Vaticano.
Como exemplos, o colectivo citou a "vulneración de forma continuada" da lexislación vixente en materia de toponimia na que, ao seu xuízo, incorreu Vázquez durante o seu mandato como alcalde da Coruña.
Ademais, acusouno de ter instaladas varias cámaras de videovixilancia na súa vivenda particular que, "durante anos, non cumpriron coa lexislación vixente no referente á protección de datos", denunciou.
Para rematar, nun comunicado de prensa, incidiu en que "esta actitude fai dubidar que o señor Vázquez teña unha actitude imparcial nos asuntos que lle poidan supor un conflito ideolóxico".
Por todo iso, Movemento polos Dereitos Civís iniciou unha campaña de recollida de escritos na que lle pide ao presidente do Goberno e ao do Congreso "que non se valore a candidatura do señor Vázquez" para ocupar o posto de Defensor do Pobo.
Descargar Tarifas