PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
POLA SUBA DA PORNOGRAFíA INFANTIL
A fiscalía galega pide crear o 'ciberpolicía' infiltrado

Manuel Vilas Como é a delicuencia galega a través da internet? Segundo a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a ciberdelencuencia do país actúa en tres eidos: estafas bancarais, poxas fraudulentas e, sobre todo, pornografía infantil.

Reloxo 14.08.2009 | 07:08

Axente de policía investigando en internet Axente de policía investigando en internet

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Precisamente o “incremento notábel” dos delitos de pornografía infantil en 2008 é a razón que usan os fiscais para pedir que se regule unha nova figura policial. Trataríase dun 'ciberpolicía infiltrado' que permitiría seguir a pegada das tramas de delicuentes no ciberespazo.

O policía infiltrado só está regulado polo miúdo en casos de drogas

“A utilización da figura do axente encuberto para a investigación da ciberdelincuencia álzase como unha das posibilidades máis ilusionantes, aínda que necesitada de regulación”, argumentan os letrados na Memoria do seu traballo en 2008, entregada este mes ao Parlamento.

Os fiscais láianse que a lei actual só regula con detalle a figura do axente infiltrado en tramas relacionadas co tráfico de drogas. Os fiscais teiman que cómpre “máis respaldo legal á actividade de ciberpatrullaxe que, como medio para a investigación dos delitos e para a protección da seguridade cidadá”.

71 delitos máis de pornografía infantil nun só ano

O informe vincula a nova figura de policía infiltrado na red co aumento de denuncias sobre pornografía infantil. “Só 2 delitos se constataran en Galicia durante o ano 2007. En troques, en 2008 a cifra chegou até 73”, alerta o documento.

Advertencia sobre as poxas en Ebay

Unha cifra que multiplica os ciberdelitos doutras areas. Así por “tansferencias electrónicas ilexítimas, baleirado de contas, phising ou trapping” só houbo 13 investigacións o ano pasado.

No caso da das “operacións fraudulentas de compravenda a través da internet” os fiscais destacan que a “maioría” dos casos danse nas poxas de Ebay “nas que as vítimas adiantan diñeiro sen recibir nunca o obxecto vendido”. Os ciberdelincuentes que usan este método aproveitan que se o estafado son menos de 400 euros non cometen delito penal algún, tan só unha falta.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río