Redacción . Un dos maiores inventos da internet, os portais de intercambio de vídeos xerados polos usuarios, son tamén un enigma. Son un escaparate con millóns de espectadores que non fan senón crecer pero tampouco xeran diñeiro. E os moi visitados sitios de vídeos porno ao estilo de YouTube non son unha excepción.
Seguindo o ronsel de YouTube foron aparecendo múltiples páxinas de intercambio de vídeos pornográficos que non tardaron en gañar popularidade. Sitios como Pornhub, RedTube ou YouPorn atópanse entre as 100 páxinas máis visitadas do mundo, por encima de xornais tan populares como The New York Times. Semellante fluxo de visitas deberían ser sinónimo de ingresos millonarios, pero non é así. A publicidade nestes portais non se revelou como unha fonte de ingresos suficiente e parece que o problema debería pasar por cobrar por contidos. E e aí o problema. "Os sitios do estilo YouTube son parte do mundo adulto hoxe en día", opinou o co director de Vivid Entertainment, un famoso estudo de pornografía, Steven Hirch. "Pero, cando todo este contido adulto é gratuíto, como conseguimos que a xente pague?", preguntouse en declaracións a Forbes. Segundo as estimacións de Vivie, o número de usuarios de portais de intercambio de vídeos xerados polos usuarios que pagarían por contidos varía entre 1 de cada 8.000 e 1 de cada 10.000. Ademais, estes sitios convertéronse, do mesmo xeito que YouTube, nun marco habitual no que colgar contidos protexidos por dereitos de autor. É dicir, para piratear. Neste sentido, a industria do porno indígnase e denuncia que son eses mesmos portais os que soben os contidos, non así os usuarios. "Eles fan crer que hai todos eses usuarios subindo vídeos pirateados", denunciou Ali Joone. "Pero non son eles –os internautas–, senón os donos".
Reprodutor do portal porno Redtube
Google gastou no 2006 1.650 millóns de dólares en YouTube, o portal de intercambio de vídeos xerados por usuarios máis visitado do mundo. A súa audiencia entón era enorme e co paso dos anos seguiu aumentando. Con todo, a compañía do buscador leva enfrontando desde hai tres anos ao problema de como xerar ingresos.
Descargar Tarifas