PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
Na parroquia de Lourizán (Pontevedra)
A APDR denuncia que Defensa destruíu unha mámoa nunha zona de prácticas militares

Redacción .  A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) vén de denunciar ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que recentemente foi totalmente destruída a Mámoa de Louredo, na parroquia pontevedresa de Lourizán. A entidade sinala como organismo responsábel desa destrución é o Ministerio de Defensa.

Reloxo 02.08.2009 | 18:01
TAGS: defensa , brilat , manobras , mámoa ,

Obras da recreación dunha aldea afgá na Brilat Obras da recreación dunha aldea afgá na Brilat

Segundo denuncia a APDR, a destrución da mámoa foi consecuencia da construción dunha réplica dunha “aldea afgá”, para prácticas militares. As obras levaron a que o Ministerio de Defensa introducise a maquinaria no lugar “e sinxelamente arrasaran con todo”. “Non quedou nada da mámoa”, explica.
A APDR considera “moi grave” que un ministerio “destrúa un xacemento arqueolóxico catalogado, coñecendo a súa existencia e o seu deber de protexelo”.

A APDR solicitoulle á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que depure as responsabilidades, e leve a cabo as medidas administrativas e xudiciais pertinentes.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río