PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
E a Coordinadora cuestiona a fiabilidade
As APAs subliñan a 'escasa participación'

Europa Press O presidente da Confederación de APAs de centros públicos (Confapa), Virxilio Gantes, considerou que os datos que reflicte a consulta aos pais sobre o idioma nas aulas 'non achegan absolutamente nada' á hora de elaborar un novo decreto do galego, pola a 'escasa participación'.

Reloxo 31.07.2009 | 19:09

Estudantes nunha aula Estudantes nunha aula. Paco Vilabarros En declaracións a Europa Press, Gantes criticou que o proceso de consulta foi "pouco serio" e que non se reflicten" datos que considerou "importantísimos", como "cantas familias contestaron á enquisa", xa que "hai familias que contestaron a tres ou catro en función do número de fillos". "Non sei por que se gastou tanto diñeiro nuns datos que non achegan absolutamente nada", lamentou.

Así mesmo, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (EDNL) sinalou, nun comunicado, que existen "dúbidas" da "fiabilidade dos resultados do cuestionario", ao "non reunir as garantías científicas mínimas" que requiría e ao realizarse "nun momento de gran polémica e moita desinformación" entre a sociedade, na que "predominan os prexuízos" cara o galego.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río