Redacción . Máis de 20.000 persoas –segundo fontes da organización– acudiron á chamada do BNG na manifestación que a formación frontista celebra cada ano o Día da Patria.
Manifestación do BNG o 25 de xullo.
Guillerme Vázquez estreouse como portavoz nacional do BNG no Día da Patria cunha mensaxe cargada de optimismo e cun chamamento á unidade da formación frontista. “Aquí estamos os que non renunciamos, nin renunciaremos xamais á Patria Galega”, afirmou perante milleiros de militantes e simpatizantes –uns 20.000 segundo a organización– que, entre bandeiras e faixas, responderon á chamada de “Movámonos polo galego e polo emprego”.. O manifesto imprimiulles folgos e ilusión aos milleiros de persoas que respondían con aplausos e consignas cada frase de Vázquez, que expresou con optimismo a súa confianza nas posibilidades futuras do BNG. “Se fomos capaces de sobrevivir e vencer o PP de Fraga, sobreviviremos e venceremos o PP de Núñez Feixóo”. O BNG “volverá gobernar Galiza”, sentenciou.
Descargar Tarifas