PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
BLOG ALBERTE MONTES
Alberte
Montes
Actor
Très joli, très joli... ese vermú de Pastís!
Allez, allez Montpellier!!
De visita pola France, uns poucos dias. Nunha das cidades coa maior porcentaxe de xente nova de Europa. Así o captei eu, a simple vista nunha tarde de paseo e sorbete de 'pomme', e así mo corroboraron logo os amigos autóctonos. Montpellier, a miña saída internacional máis importante, despois das viaxes a Andorra a por tabaco. Perdón, esquecía as tardes en Valença do Minho envolto en toallas e as comilonas de bacallau en Chaves. Por certo, moi recomendábel o restaurante Cruceiro.
 27.07.2009 | 13:20

A Estación de servizo, cabo da fronteira Chaves-Verin, serven de intercambiador nas viaxes A Estación de servizo, cabo da fronteira Chaves-Verin, serven de intercambiador nas viaxes. Alberte Rivero

Total! Que me gustou moito Montpellier. Un clima caloroso aínda que máis soportábel que o que aquí temos. Como dixen antes moito ambiente xuvenil e unha mostra de viños franceses que nos sorprendeu e enchimpou nada máis chegar. Todo moi bohemio, artístico e europeo. Pensade que as miñas únicas referencias sobre Francia limitábanse as anécdotas e historias de meus pais. Eles viviron en París case dez anos, e podemos dicir a dia de hoxe, que conservan o mesmo francés que aprendín eu nestes tres dias aló. O que si que trouxeron de alí que pagou a pena, concretamente meu pai, foi o Pastís, unha bebida alcólica con forte sabor e aroma anisado que se toma mesturada con auga a xeito de vermú. Moi recomendábel tamén, aínda que como di meu pai: “Ten coidao que isto envicia de carallo!”

Viaxe en coche até Montpellier igual a tres horas e media de sesta. Non é algo do que me guste presumir pero teño alta facilidade para coller o sono. Moitísima. E nos coches, esa capacidade multiplícase. Moitísimo. É subir ao carro e aos cinco minutos xa estou “chocoleando” a cabeza contra o vidro, nun movemento vibrador que me traslada aos mundos de Morfeo. Á parte disto, existe outro feito que desespera o meu grupo de compañeiros de viaxe e incluso amigos... Non teño carné. Grazas a isto, manteño inamovíbel a miña posición de “sobador oficial”, no asento de atrás coincidindo de fronte co do copiloto. Pero aínda hai un terceiro motivo de irritación dos colegas: “Se conoce” que ronco. O certo é que respiro con dificultades debido a un lixeiro desviamento do tabique nasal que provocou meu irmau hai anos, tras unha... El segue insistindo na involuntariedade do acto, máis a hostia soou moi voluntaria de dios!

Pero o tema é que en tres dias enfróntome a unha viaxe en coche dunhas dez horas. Despois duns catro anos, volvo a emprender o traxecto “Barcelona–Galiza” noutro medio que non é o avión. Xa podo cargar ben as pillas do mp3. Espero tamén, que esa facilidade miña á que chamaremos “somnolencia automobilística” me axude a levar mellor o camiño. Xa vos explicarei que tal, en setembro pois como xa vos avancei a semana pasada, marcho a aldea coa intención de desconectar de todo. E xa me parecería raro acender o PC e que atopase unha rede wifi alá. Eu fliparía: Conectar a “MANOLO DA CORRELADA”.

Se a semana pasada me despedía coa que, para min, esta sendo aquí en Barcelona a canción do verán, quérovos deixar hoxe co que é o grupo do verán por terras catalás. Do verán e do ano. O grupo Manel (que non é un só tío, son varios) leva xa unha tempada boa arrasando co seu estilo tradicional-ecléctico-bailábel-guai, e este estío vanse fartar de facer bolos. A destacar o seu tema “El mar”, agora que toca mollar o cu. Bo verán!

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río