PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
DÍA DA PATRIA
Quintana ve a 'primeira pedra' para recuperar a Xunta

Europa Press O ex vicepresidente da Xunta e actual vicesecretario da Mesa do Parlamento galego, Anxo Quintana, prognosticou o sábado que "non haberá" que chegar ao próximo 25 de xullo para que "unha maioría social" de galegos "valore" o traballo do bipartito "na súa xusta medida" e mostrouse convencido de que o BNG puxo nesta xornada "a primeira pedra" para "volver" á Xunta dentro de catro anos.

Reloxo 26.07.2009 | 12:32

Anxo Quintana Anxo Quintana. Pepe Ferrín / AGN

 "Celebrar o Día de Galicia é diferente este ano porque Galicia ten un novo Goberno", recoñeceu Quintana, que participou na manifestación convocada polo BNG en Santiago, aínda que matizou, ao tempo, que "en realidade" o Executivo que preside Alberto Núñez Feixóo "non ten absolutamente nada de novo".

En todo caso, mostrouse convencido de que a comunidade contará "cun goberno nacionalista e progresista" dentro de catro anos xa que, ao seu xuízo, o BNG "está coa xente" e defende "a identidade como pobo" de Galicia co galego "como o seu maior símbolo" ao contrario, na súa opinión, que a nova Xunta. "Feixóo debería darse conta de que as súas medidas contra o idioma son unha traizón á Xunta", recalcou e instouno a actuar como presidente "de todos os galegos". "Cando vai en contra do galego vai en contra da institución que representa", engadiu.

Ademais, criticou a "parálise" do novo Goberno no ámbito económico e recordou que Feixóo esixía medidas na oposición que agora non adopta, "aínda que podería". "O único que fai é botar a culpa a Madrid e lavarse as mans, como Pilatos", reprobou. Por outra banda, Quintana mostrouse crítico coa decisión do PPdeG --encabezado por Núñez Feixóo- de presentar onte unha ofrenda floral ante o panteón de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, ao consideralo un acto de "cinismo".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río