PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
A FRONTE ESTIMA EN VINTE MIL OS CIDADÁNS NO DÍA DA PATRIA GALEGA
O BNG pide un Estatuto de Nación fronte ao 'estatuto de segunda' de PSOE e PP

Manuel Vilas Estrea de Guillerme Vázquez como voceiro nacional do BNG nun Día da Patria. Fíxoo cun discurso no que deu por superada a derrota do 1M e arremeteu moi duramente contra o novo Goberno do PP.

Reloxo 25.07.2009 | 15:29

Acto do BNG na Quintana o Día da Patria 2009 Acto do BNG na Quintana o Día da Patria 2009. Manuel Vilas Esquerda   1 / 21  Dereita  

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

A organización estima en 20.000 as persoas asistentes mentres que a Policía aínda non se pronunciou. Con todo, os nacionalistas encheron a Praza da Quintana, malia que o recinto non se ateigou, nin quedou xente fóra como noutras celebracións. “Na Galiza en galego!” e “Galegos somos, galegos seremos por españois nunca pasaremos” foron dous dos berros con máis éxito.

“Vencer a Feixóo como a Fraga”

“Ás veces podemos sentir certo desalento”, admitiu o líder da fronte  ao comezo do seu discurso, en referencia á vitoria dos conservadores nas autonómicas. Porén, Vázquez asegurou que o Bloque non se converterá nunha “estatua de sal” que mira o pasado. “Se fomos quen de sobrevivir e vencer ao PP de Fraga, sobreviviremos e venceremos ao PP de Feixóo”, animou.

O voceiro fixo un chamamento á unidade da fronte e a incorporación de novos militantes porque “cabemos todos neste proxecto común e vós sodes os únicos imprescindíbeis”.

“Ataque ao idioma sen precedentes”

Vázquez acusou ao presidente da Xunta de “estar ao servizo de minorías extremistas” en particular na política lingüística. “O noso idioma está a sufrir un ataque sen precedentes orquestrado dende a propia Xunta”, denunciou o político pontevedrés.

 “Tirar abaixo o concurso eólico para favorecer aos seus amigos”, “estar na política para facer carreira persoal”, “transformar o Goberno nun esperpéntico concesionario de coches de segunda man” e foron outras das acusacións.

Como alternativa propuxo unha política máis social que protexa aos traballadores da crise. Demandou tamén un “Estatuto de Nación, un Estatuto de primeira”.

Crítica ao PSOE polo Estatuto

Chegado a este punto atacou aos socialistas. Vázquez dixo que o PSdeG e PPdeG “ardan argallando unha reforma que consolide ao noso país na segunda división”.

O voceiro rematou citando ao poeta Manuel María: “Berrade, erguédevos, loitade, deica que, todos xuntos, academos a liberación nacional da nosa patria”.

Asubíos ao helicóptero da Policía

Non houbo incidentes na protesta da fronte. Os cidadáns asubiaron un helicóptero da Policía Nacional que sobrevoou a pouca altura varias veces a Quintana mentres Vázquez lía o seu discurso. “Non vos preocupedes, veñen a contarnos pero non poden porque somos miles e miles”, ironizou o voceiro.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río