PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Obradoiro de Gaitas Seivane
Todo por un soño infantil

Redacción .  'Eu tamén podo facer unha gaita'. Foi a partir dese desexo que comezou a construír o seu legado, e dende aquel ano 1939, Xosé Manuel Seivane non esqueceu o seu soño até converterse nun dos máis famosos construtores de gaitas de Galiza.

Reloxo 23.07.2009 | 11:37

Xosé Manuel Seivane. Bocixa/R. Rei Fillo dun ebanista e gaiteiro por vocación, con 18 anos, no 1939, construíu a súa primeira gaita. Ante o escepticismo do seu pai, Xosé Manuel Seivane creou un molde a partir da súa propia e despois de insistir conseguiu facer unha réplica perfecta. Logo da primeira viñeron outras, aínda que con pouco éxito. Pero Xosé Manuel non se deu por vencido e foi, a base de traballo e esforzo, converténdose nun dos máis famosos construtores de gaitas do noso país.

Xosé Manuel séntese moi orgulloso porque "non morreu o seu invento". Hoxe, o Obradoiro de Gaitas Seivane é o seu legado que continúan os fillos e netos, como Susana Seivane, que coa súa carreira musical axuda a espallar a boa fama do seu avó.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río