PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
NOVA Adxudicación A HISPÁNICA
A Xunta contrata 32 millóns a unha imputada no Gürtel

Manuel Vilas Unha das empresas acusadas pola Xustiza no caso Gürtel, sobre o presunto financiamento ilegal do PP a través do tesoureiro Luís Bárcenas, é Constructora Hispánica. O seu presidente, Alfonso García Pozuelo-Asins, está imputado pois 'tería pagado de xeito ilícito a Francisco Correa en contraprestación á intermediación para a adxudicación de proxectos urbanísticos ante as administracións públicas', segundo acusan os xuíces nun dos autos do proceso.

Reloxo 23.07.2009 | 08:59

Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. AGN

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Con todo, a Consellería de Infraestruturas acaba de adxudicarlle un contrato de máis de 32,3 millóns de euros, , a través dunha Unión Temporal de Empresas con outras construtoras. Trátase de obras na estrada entre Celeiro e San Cibrao, segundo figura no DOG deste martes.

Hispánica tamén logrou numerosas adxudicacións de Portos de Galicia cando era vogal do Consello de Administración deste ente público Pablo Crespo, o ex-deputado do PPdeG na cárcere como un dos líderes da trama.

Adxudicacións cando Crespo era vogal en Portos

O antigo número tres dos conservadores galegos foi vogal de Portos dende 1998 até 2005. Nese tempo Hispánica apañou catro adxudicacións por máis de 13 millóns. Todas elas firmadas polo daquela presidente de Portos, Carlos Negreira, hoxe deputado e presidente do PP coruñés.

Dende entón Hispánica non volveu conseguir ningunha adxudicación de Portos. Esta tendencia finalizou o 29 de abril deste ano. Poucos días despois de que os conservadores volvesen a San Caetano, Hispánica gañaba outro contrato para mellorar o porto de Ribadeo por máis de 120.000 euros.

O BNG reclama explicacións sobre o Gürtel en Galicia

O voceiro parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, esixiulle a semana pasada ao presidente da Xunta explicacións sobre as adxudicacións a varias construtoras imputadas no caso Gürtel.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río