PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
50 receitas con filloas

Redacción .  As receitas demostran que este produto pode combinar "perfectamente" en todo tipo ingredientesA editorial Alvarellos publica o primeiro libro de receitas a base de filloas co obxecto de que '50 receitas con filloas' sexa un "completo e práctico" tratado culinario sobre este produto gastronómico.

Reloxo 20.11.2007 | 18:10
TAGS: gastronomía , filloas ,

No acto de presentación do libro de hoxe participaron o alcalde da Baña, Xosé Andrés García Cardeso, así como a secretaria da Asociación Filloas da Pedra, Mónica Tomé, e o editor, Henrique Alvarellos, ademais estiveron presentes algúns dos 31 autores que colaboraron no libro.

Receitas

A editorial destacou que as receitas que recolle o libro demostran que as filloas poden combinar "perfectamente" en todos os pratos, dende entrantes, cociña con carnes, pescados, e ademais un variado repertorio de sobremesas.

Así entre os pratos que se presentan no libro podemos atopar dende canelón de filloa recheos de espinacas, ou filloas recheas de zamburiñas con salsa roquefort e filloas recheas de marmelada de amoras con queixo Cabreo, entre outros.

A lume lento

O volume forma parte da colección 'A lume lento' que a editorial lanzou por primeira vez o ano pasado co libro '45 receitas con estrugas', libro que recibiu dous premios Gourmand.

O libro que se presentou hoxe inclúe un prólogo a cargo do Técnico Superior de Restauración e especialista en gastronomía galega, Xavier Barreiro Luces.

Neste previo repásanse as orixes da filloa e ademais céntrase na tradición das 'filloas á pedra' da Baña como "unha arte tradicional representativa, e autóctona, de Galicia", segundo afirmou Barreiro Luces.



Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río