PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
ENTREVISTA Á CONSELLEIRA DE SANIDADE
'A liberdade radica en poder sacar adiante o embarazo'

Redacción .  Pilar Farjas di que o aumento de abortos proba que as políticas de educación sexual fracasaron. A Xunta promete unha rede para axudarlles ás embarazadas a atopar alternativas ao aborto. Petición que tamén figura na polémica PNL introducida polos antiabortistas no Parlamento de Galicia co único apoio dos conservadores.

Reloxo 12.07.2009 | 21:20

Pilar Farjas, conselleira de Sanidade Pilar Farjas, conselleira de Sanidade

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
A Consellería de Sanidade prepara co departamento de Traballo e Benestar un proxecto normativo de medidas de apoio a mulleres embarazadas, que inclúe tanto axudas económicas como laborais, co fin de facilitar a súa autonomía e que "non atopen que o único recurso é o aborto".

Así avanzouno a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, quen explicou que se trata dun proxecto con medidas como ofrecer residencias, favorecer a inserción laboral e facilitar o acceso a gardarías, entre outras.

Financiamento público para os antiabortistas?

Cómpre lembrar que o PPdeG está a impulsar unha Iniciativa Lexislativa Popular do grupo antiabortista Red Madre. O texto admitido a trámite no Parlamento propón destinar cartos públicos a unha rede asistencial ás embarazadas xestionada por esa asociación.

A oposición ten denunciado que a intención real da Xunta é, coa escusa dunha nova rede de apoio, financiar aos antiabortistas con cartos públicos, pois xa existen servizos sociais que atenten ás embarazadas.

"Está claro que os datos de Interrupcións Voluntarias de Embarazo, con 2.546 en 2007 en Galicia, o que poñen en evidencia é a tendencia crecente e mantida", afirmou e engadiu que isto representa "un claro fracaso das políticas de educación sexual implantadas polo Ministerio de Sanidade", dixo a política nunha entrevista con Europa Press.

"A verdadeira liberdade da muller debe radicar en poder sacar adiante o embarazo"

Por iso, a titular de Sanidade avogou por "potenciar medidas de educación sexual" e incidir na formación. "Onde debe radicar a verdadeira liberdade da muller é en poder sacar adiante un embarazo", sostivo e lamentou que "se demostrou que España adoece de medidas de apoio á natalidade e á embarazada".

Así mesmo, Farjas asegurou que o Servizo Galego de Saúde "seguirá mantendo" a distribución da pílula postcoital en centros sanitarios "con prescrición médica". "Isto axuda a verificar o uso correcto deste medicamento e a evitar o risco do uso frecuente e incontrolado como método anticonceptivo", apostillou. Ata xuño de 2009 o Sergas dispensou unhas 16.800 unidades.

Promete listas de espera tranasparentes

En relación ás listas de espera na sanidade pública galega, a conselleira comentou que, por unha parte, traballan para "facer transparentes" os datos.

"É un dos factores que hai determinados esa discrepancia entre os datos oficiais que se daban e a percepción que tiñan moitos galegos de que non podía ser verdade", subliñou e reiterou que Sanidade encargou unha auditoría tamén para "coñecer a situación real de axendas pechadas ou de pacientes aos que non se lles chamou para citar".

"Daranos a magnitude de pacientes cos que temos que traballar", dixo e afirmou que a estatística de listas de espera a publicarán "nos próximos días" e seguirán difundindo os datos trimestralmente, mentres que a lista non estrutural e auditoría prevé tela "a finais de xullo". "E farémola pública", remachou.

Galicia investiu o ano pasado uns 25 millóns de euros, segundo datos de Sanidade, en diversas actividades para reducir as listas de espera --apertura de quirófanos polas tardes e concertos con centros privados, entre outras-- e 23 millóns en 2007.

En canto á potenciación das cirugías polas tardes para reducir as demoras, Farjas apuntou un "efecto perverso" rexistrado en hospitais como o de Lugo e Monforte "no que se desprazou a actividade da mañá á tarde".

"Non aumentou a actividade ordinaria á vez que crecía a extraordinaria", dixo e agregou que sucedeu en consultas externas "en seis ou sete hospitais", nos que baixou a actividade ordinaria e se desprazou como extraordinaria. "É un problema de xestión interna", sentenciou.

Faltan anestesistas

Farjas incidiu, así mesmo, na necesidade que existe en España de facultativos. Así, explicou a Europa Press que o seu departamento elaborará un estudio demográfico dos profesionais "por idades, xénero e especialidades" que permita "unha mellor planificación", porque "o colectivo de médicos "polas idades medias, en 10-15 anos vai sufrir unha diminución importante de efectivos por xubilación".

En concreto, sinalou carencias de anestesistas e profesionais en determinadas neurociruxís. Para palialo apostou por formar equipos especializados en cirurxía cardíaca, neurociruxías e outras especialidades que acudan dende hospitais de referencia a comarcais para operar ou consultar e evitar así o desprazamento de pacientes.

"Fórmanse equipos especializados con varias unidades onde actúan, non desprazando os pacientes, xa que teñen as estruturas cirúrxicas e programan a actividade. Iso permite que os comarcais teñan máis capacidade de resolución e poidan atender a persoas con patoloxías complexas no centro", especificou.

Oposicións cada dous anos

Co obxectivo de estabilizar aos profesionais no Sergas, Farjas ratificou a celebración de Ofertas Públicas de Emprego cada dous anos, así como "reforzar a constitución de equipos que faga atractivo para un profesional situarse nun hospital".

Tamén manifestou que traballan na potenciación da colaboración coas universidades para "seguir mellorando a oferta de prazas de formación en Medicina" e consolidar a contratación dos MIR que salguen cada ano en Galicia.

Nesta liña, a conselleira comentou que o seu departamento traballa coas tres universidades galegas e coa Consellería de Educación para, unha vez finalizado en 2011 o Plan Bolonia, "ver o novo escenario de facultades". "Coñecemos a demanda de Vigo e A Coruña de ampliar a súa oferta con facultades de Medicina e temos que traballar con eles cando finalice a implantación do Plan Bolonia".

Infrestructuras

Sobre novas infraestruturas indicou que "pronto" licitarán os concursos para as obras complementarias de restaurante, cafetaría e lavandaría do novo hospital de Lugo e matizou que "o límite de tempo de apertura está condicionado pola electrificación".

En canto ao hospital de Vigo recordou que en xullo presentarán o informe técnico e, despois do verán, estarán en condicións "de buscar financiamento".

"O escenario de custo é duns 300 millóns", dixo e asegurou que "calquera administración está a utilizar o financiamento de fondos propios cos límites de endebedamento que ten a comunidade ou a través de entes financeiros". "É o que estamos a estudar", concluíu.


Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río