PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Atraco en Gondomar
 10.07.2009 | 14:41

Faise noxento e desagradábel ese medio silencio hipócrita con que populares e socialistas asisten á inmoralidade perpetrada por militantes e ex militantes seus en Gondomar. No caso dos populares coa agravante de reincidencia, logo da falcatruada executada no seu día en Mos polo mesmos métodos e polas mesmos motivos. Alberte Núñez Feixóo, sempre tan botado para diante cando fala dos seus principios e valores, ou Pachi Vázquez, sempre tan disposto a explicarlle a todo o mundo o que ten que facer, semellan ter máis ben pouco que dicir e aínda menos que facer nesta excelente ocasión para sacar o lixo e dar exemplo do que se entende por facer da política un exercicio limpo e decente.

Os golpes de peito cara á galería, ou as proclamas contra o transfuguismo e a favor da dignificación da política só serven se se fan como parte da posta en escena habitual neste tipo de mocións de censura, denigrantes por non responder a unha situación de desgoberno municipal, senón á falla de integridade e a cobiza dos especuladores locais habituais. Aínda que neste caso, e vista dende as dirección dos seus partidos en Compostela, tamén supón outro pau que zouparlle a ese can mallado no que se está a converter o BNG. Rafael Louzán a parte, seguramente non fixeron moito por impulsala, pero tamén non fixeron nada para parala.

Pola súa banda, o BNG fará mal consolándose con adoptar o papel de vítima no que tan cómodo semella sentirse ás veces. Os outros son como son, pero cousas así pásanlle pola crecente debilidade dun nacionalismo que, de momento, escolleu camiñar na única dirección onde non hai país.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río