PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
BLOG MANUEL M. BARREIRO
Manuel
M.Barreiro
Comentarista político
Trampas e ratoeiras políticas
Caso Camps: Mentireiro verdadeiro
Marco Fabio Quintiliano, excelente avogado e mellor retórico, non cansou de insistir en que quen mente necesita ter boa memoria. Francisco Camps non entende de sabedorías clásicas e evidenciou, diante dun xuíz e dos cidadáns, ser un mentireiro cunha pésima memoria. Descuberta (parcialmente) toda a trapallada dos traxes, acreditou, no mesmo paso errado, ter ben pouca vergoña e unha apodrecida cultura democrática.
 10.07.2009 | 14:02

Vidas paralelas? Vidas paralelas?. Manuel M. Barreiro

Que o PP saíse coa faca nos dentes a defender a súa honorabilidade mentireira é, por outra parte, un pésimo indicio de que os defectos públicos e as malicias privadas de Camps son asumidos como patrimonio común da franquía política que representa na Comunidade Valenciana.

Ademais, os conservadores intentan desculpar a Camps recorrendo a dous argumentos infamantes para rebaixar a pena política: "faino todo o mundo" e "tampouco é para tanto". Esas dúas afirmacións dan conta do calado da rexeneración democrática que apadriña Mariano Raxoi, quen xa nos deixou sobre Camps unha declaración desas que che levan á ruína política: "Somos parecidos e temos vidas paralelas."

As manobras orquestrais de Camps constitúen un ataque directo a toda intelixencia e a ese asalto frontal sumouse toda a cúpula dirixente do Partido Popular. Un anónimo pensador sinalou que cubrir unha falta cunha mentira é como substituír unha mancha cun burato. Non é outra a estratexia de Camps e o PP.

Nunha entrevista concedida a La Vanguardia, Reyes Calderón, novelista e economista experta en temas de corrupción, fixaba os requirimentos primarios para sumarse a unha sociedade anónima de corrupcións e corruptelas: "Tes que ter poder, unhas rendas que se deriven dese poder e unha baixa probabilidade de que te pillen."

Reyes Calderón tamén apuntou un segredo que é de dominio público: "É difícil que o político se corrompa só. A corrupción é unha rede." Á espera do que determine o xuíz hai algo non vai ser modificado pola súa sentenza firme: non foi Camps quen trouxo a corrupción, foi a corrupción quen trouxo a Camps.

Hai unha manchea de anos que Jonathan Swift escribiu: "Ao igual que o máis vil dos escritores ten os seus lectores; o máis grande dos mentireiros ten os seus crédulos; e soe ocorrer que se unha mentira perdura unha hora, xa logrou o seu propósito, aínda que non persista. A falsidade voa; a verdade arrástrase, de xeito que cando os homes se desenganan, fano un cuarto de hora máis tarde."

A nota de Swift cadra perfectamente coa estratexia do PP. Hai unha masa de crédulos, organizada e animada polo partido, disposta a crer a Camps. E a sentenza xudicial, que deixará en claro que mentiu (e veremos se tamén delinquiu), chegará, como mínimo, un cuarto de hora tarde senón con anos de atraso, con tempo suficiente para que a rede e o PP teñan habilitado unha virtuosa remuda, e tempo sobrado para que o propio Camps teña blindado economicamente o seu benestar futuro.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río