PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
SOSPÉITASE DE COREA DO NORTE
Catro días de ciberataques contra os EE UU e Corea do Sur

Redacción .  A Casa Branca e outras axencias gobernamentais dos Estados Unidos sofren desde hai catro días un ataque cibernético masivo cuxos autores aínda se descoñecen, recoñeceu hoxe o Departamento de Estado estadounidense. Nel explótanse computadores de 16 estados.

Reloxo 10.07.2009 | 10:23

Os medios americanos apuntan a Corea do Norte como responsábel do ciberataque. youtube:foxnews

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Segundo un portavoz do Departamento de Estado dos EE UU, o ataque á páxina web deste organismo comezou o pasado 5 de xullo e aínda non se detivo, aínda que, engadiu, "é moito máis reducido neste intre".

O ataque afectou unha ducia de páxinas web de diferentes axencias estatais, entre elas a Casa Branca e o Pentágono, pero tamén outros sitios como o da bolsa de Nova York e varias páxinas de Corea Sur, tanto de axencias gobernamentais como de bancos.

Fontes do Goberno surcoreano citadas hoxe pola prensa e a televisión estadounidense dixeron que os servizos de intelixencia deste país cren que Corea do Norte ou os seus simpatizantes poderían estar detrás do ataque.

Aspecto que tamén é destacado por medios de Corea do Sur, citando a parlamentarios deste país. Aínda que moitos internautas non tiveron dificultades para ver os sitios de Internet atacados, como www.state.gov, outros descubriron que non podían acceder a elas, especialmente os asiáticos.

A páxina do Departamento do Tesouro, por exemplo, estivo bloqueada nalgúns momentos, recoñeceron fontes deste organismo. Nick Shapiro, portavoz da Casa Branca, dixo á prensa estadounidense que o ataque informático non afectou ás operacións diarias deste organismo e que estiveron traballando para que a súa páxina web mantivésese accesible ao público. Internautas en Asia sinalaron que tiveron dificultades para acceder a ela.

Unha estratexia rudimentaria pero que logrou parar varios portais do goberno dos EE UU
Segundo o Departamento de Seguridade Nacional dos EE UU, os piratas informáticos utilizaron numerosos computadores infectados con software daniño (o que se coñece como 'botnet', en xerga informática) para alagar determinadas páxinas con excesivo tráfico e desta forma bloquealas.

Son os tamén coñecidos como ataques de denegación de servizo, pois miles de ordenadores infectados tentan acceder ao mesmo tempo a unha certa páxina web e cortan a conexión inmediatamente despois. Isto provoca un aumento das peticións ao servidor atacado, que en moitos casos satúrase e deixa de poder servir a web en cuestión.

Trátase dunha táctica hacker bastante rudimentaria e que, en principio, non implica o acceso a datos confidencias dos EE UU. Con todo, si demostra que os atacantes son quen de facerse con miles de computadores noutros Estados durante varios días, pois esta é a cuarta xornada de ataques.

Non hai probas reais aínda sobre a autoría e, de feito, os expertos sinalan que podería ser un Estado, pero tamén abondaría cun bo hacker con motivacións políticas. Con todo, os sitios atacados e a data de comezo dos mesmos apuntan a posíbel autoría de Corea do Norte.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río