PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
A TRAVÉS DE ADXUDICACIÓNS A HIXIENE'S
Casares e Sotelo, tamén relacionados co caso Gürtel

Manuel Vilas Os vínculos entre cargos do PPdeG e o caso Gürtel chegan a Xoán Casares, ex deputado autonómico, e Xosé Henrique Soutelo, deputado provincial en Pontevedra e líder conservador en Cangas do Morrazo.

Reloxo 09.07.2009 | 07:24

Xoán Casares, á dereita, cando era deputado do Parlamento galego. Xoán Casares, á dereita, cando era deputado do Parlamento galego.. A. Panaro/Arquivo ANT

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

O xuíz investiga se a Unión Temporal de Empresas da viguesa Hixiene's –na que foi directivo Casares– e a madrileña Sufi pagou comisións á trama que codirixía Pablo Crespo pola adxudicación de parte dos parquímetros do Concello de Madrid.

Crespo –hoxe en prisión como un dos presuntos cerebros dos subornos ao tesoureiro do PP Luis Bárcenas e ao presidente de Valencia Francisco Camps– foi o número tres do PPdeG.

Certificación de parquímetros que non existen

Para lograr o contrato da 'zona azul' , Sufi e Hixiene's presentaron un certificado do Concello de Cangas, asinado polo daquela alcalde Sotelo, da experiencia destas empresas na xestión do aparcamento regulado. Parquímetros que non existen en Cangas, como admitiu ante o xuíz o propio Sotelo ao revelarse o caso en 2006.

A conexión recente co 'caso Gürtel' prodúcese porque Sufi (a socia de Hixiene's en Madrid) é investigada polo pago de comisións aos ex-alcaldes do PP en Majadahonda e Pozuelo. Os dous foron imputados e dimitiron tras publicarse as presuntas irregularidades na adxudicación de contratos.

Adxudicacións de Política Territorial ao grupo de Casares

Hixiene's, da que foi apoderado o ex deputado Casares, é parte do grupo de empresas da familia Casares, que lograron 19 millóns en contratos da Xunta entre 2000 e 2005, tal e como xa publicara El País. Case todas as adxudicacións déronas entes da Consellaría de Política Territorial. Por exemplo, a Empresa Pública de Obras se Servizos Hidráulicos outorgoulle a unha das firmas da familia, Ingenierías Medioambientales y de Recuperación, seis contratos por case medio millón.

Feixóo e Negreira

Neste mesmo período, esta Consellaría adxudicou 33 millóns a unha imputadas pola Xustiza no Gürtel, Constructora Hispánica, como adiantou ANT. Todas as adxudicacións proviñan de Política Territorial e varias delas foron concedidas sendo Alberte Núñez Feixóo conselleiro e Carlos Negreira (o actual líder do PPdeG coruñés) presidente de Portos de Galicia.

Políticos próximos a Xosé Cuíña

Casares era o voceiro parlamentario do PPdeG en obras públicas cando as empresas da súa familia recibiron os contratos de Política Territorial, na última lexislatura da era Fraga. Daquela, Pablo Crespo era vogal de Portos de Galicia, un dos entes de Política Territorial que tamén adxudicou a Hispánica. Antes, en 1999, Hispánica liderou as adxudicacións das deputacións galegas, todas elas gobernadas polo PP.

Casares, Crespo e Sotelo estaban próximos a Xosé Cuíña, ex-conselleiro de Política Territorial, pero súa carreira no PPdeG apagouse a medida que o sector de Cuíña perdía a batalla pola sucesión de Fraga. Derrota consumada coa chegada do 'birrete' a Política Territorial da man de Núñez Feixóo en 2004, que pronto prescindiu de Crespo e Casares.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río