PUBLICIDADE
Mércores, 10 de marzo de 2010
O 10 de xullo, en Ortigueira
Susana Seivane descobre os seus soños

Bocixa/ Raquel Rei A artista presentou o seu último traballo arrodeada dos seus, no que é o seu 'berce' artístico: o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Cambre, do que se encargaron seu avó e seu pai. Falamos con ela deste novo proxecto.

Reloxo 08.07.2009 | 11:06

Os soños que voltan. Susana Seivane. Bocixa/R. Rei

As cantareiras de Ardebullo introduciron a presentación, o pasado xoves 2 de xullo, deste cuarto traballo de Susana Seivane. Os soños que volven ve a luz xusto 10 anos despois da gravación do seu primeiro disco, Susana Seivane. Seguíronlle Alma de Buxo e Mares de Tempo. Houbo que escoller entre 200 temas do acervo de Seivane, e da súa peneira saíron 14: a maioría son mesturas de pezas tradicionais,e hai tamén unha peza de Carlos Justo, outra de Julio Amado, e unha lembranza a Nazario González "Moxenas". O proceso, cóntanos, foi moi laborioso, pero deu lugar a un produto autoeditado e de 70 minutos.

"Soñando soñei que soñaba / soño de doce soneira / cando o soño remataba / soñaba con ser gaiteira". Dende que tiña tres anos e mirou a súa primeira gaita até os 20, en que arrincou a súa carreira profesional, Seivane recorre á música tradicional galega como pano de fondo. Este seu traballo é "unha mirada atrás sobre as pegadas que a música galega foi deixando na alma". Fixo a presentación, como non podía ser doutro xeito, no seu "berce", vital e artístico: o Obradoiro de Gaitas Seivane. Poderemos obter xa o disco nas tendas por 10 euros, ou escoitala o venres 10 de xullo no Festival de Ortigueira, "nun concerto extraordinario, con Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas..."

E para rematar, dedícanos unha peza na súa primeira gaita, que comezou a tocar cando tiña catro anos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río